Ver a versión en liña

Catro centros tecnolóxicos melloran as súas infraestruturas de investigación e de ensaio e experimentación co apoio da Xunta de Galicia

O Consello da Xunta do pasado luns deu luz verde á concesión das axudas para fortalecer e ampliar as capacidades científico-tecnolóxicas de varios centros tecnolóxicos galegos mediante o apoio a investimentos para a mellora das súas infraestruturas de investigación e ensaio. En concreto, a Xunta de Galicia concede preto de 8 millóns de euros, cofinanciados pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, para mellorar o equipamento de 4 centros tecnolóxicos: Aimen, CETIM, CTAG e Gradiant. Esta terceira convocatoria permitirá mobilizar ao redor de 16 M€ contribuíndo ao mantemento de 516 postos de persoal altamente cualificado.

Consulta a referencia do Consello
Excelencia e transferencia ao tecido produtivo
Con estas axudas perséguese acadar unha I+D+i pioneira capaz de atraer talento e investimento privado, mellorando o posicionamento galego a nivel internacional, e facilitar o crecemento, excelencia e actividades cara ao tecido produtivo dos centros tecnolóxicos galegos.
En total, a través das tres convocatorias desta liña de axudas téñense apoiado 19 proxectos con axudas por importe de 17 millóns de euros, mobilizando 35 millóns de euros.
Infraestruturas apoiadas

Aimen
Investimento a realizar: 6,4M
Obxecto: Construción dun novo centro de fabricación intelixente no que se lanzarán novas liñas de infraestruturas singulares de fabricación avanzada e sustentable e de dixitalización punteiras en ámbitos de grande impacto para Galicia como o transporte, a enerxía e a construción.

CETIM
Investimento a realizar: 883.000€
Obxecto: Mellora da súa excelencia científica e de investigación no eido da Economía Circular, focalizando os esforzos nos seis ámbitos de investigación estratéxica do centro: baterías, augas, hidróxeno verde, polímeros sustentables, materiais de construción sustentable e industria sustentable.

CTAG
Investimento a realizar: 8M€
Obxecto: Infraestruturas de investigación asociadas ás liñas de investigación da mobilidade autónoma, conectada, segura e ecolóxica que caracterizan o futuro da industria do automóbil.

Gradiant
Investimento a realizar: 526.000€
Obxecto: Adquisición e posta en marcha dunha infraestrutura de investigación e computación a baixa escala para a realización de actividades de I+D en tecnoloxías de alto impacto e potencial de aplicación en diversos ámbitos.

Novas

Ver todas

03 de Xullo de 2024

Máis de cen axentes da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal definen a nova Estratexia de Especialización Intelixente Transfronteiriza ata 2027

Ler máis

30 de Xuño de 2024

A Xunta financia a 72 investigadores posdoutorais para que afiancen a súa traxectoria en Galicia

Ler máis

28 de Xuño de 2024

Galicia contribúe a avanzar na medicina personalizada de precisión no marco do Plan Complementario de Biotecnoloxía aplicada á saúde

Ler máis

Eventos

Ver todos
09
Xullo
Presentación dos proxectos galegos que participan la liña FID

11
Xullo
EdugalIA: O reto de transitar cara unha xestión do sistema educativo informada pola evidencia

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.