Ver a versión en liña

Balance intermedio da Estratexia de consolidación do sector biotecnolóxico de Galicia

O vindeiro 17 de setembro a partir das 11:00 horas, celebraremos na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, unha xornada para expor os principais resultados do balance intermedio da Estratexia de Consolidación do Sector Biotecnolóxico de Galicia do período 2021-2023. Así mesmo, haberá ocasión de debater sobre o talento, a transferencia e o emprendemento científico, a colaboración e a internacionalización no sector. Por último, avanzaranse as principais medidas a acometer nos vindeiros anos co obxectivo de situar a Galicia como unha biorrexión de referencia a nivel internacional.

Inscríbete
A Xunta de Galicia leva apostando pola I+D+i en biotecnoloxía dende hai case unha década, coa posta en marcha, primeiro, da Estratexia de Impulso á Biotecnoloxía en Galicia e, máis tarde, da Estratexia de Consolidación do Sector Biotecnolóxico de Galicia.
Agora, que nos atopamos no ecuador da execución desta última, é momento de facer balance. Nesta xornada, presentaremos os principais resultados dos tres primeiros anos desta Estratexia – nos que xa se levan mobilizados preto de 370M€-, conversaremos cos axentes do sector e avanzaremos futuras medidas.
Ademáis, celebraremos dúas mesas de debate con axentes do ecosistema para coñecer, nunha primeira mesa, éxitos recentes nos ámbitos de talento e investigación e, nunha segunda mesa, conversaremos sobre a colaboración e internacionalización.

Pola tarde, as persoas interesadas poderán participar nunha das dúas sesións de traballo grupal nas que se abordarán retos futuros como o “Talento de impacto, investigadores emprendedores” e “A colaboración e a internacionalización como éxito da biotecnoloxía”.

Podes consultar o programa da xornada e inscribirte na seguinte ligazón

Máis información

Novas

Ver todas

03 de Setembro de 2024

A Xunta reafirma a súa aposta pola biotecnoloxía no marco do 46º Congreso da Sociedade Española de Bioquímica e Bioloxía Molecular

Ler máis

03 de Setembro de 2024

A Xunta apoia o desenvolvemento da actividade investigadora do IGFAE con 3 M€ ata 2027

Ler máis

27 de Agosto de 2024

A Xunta pon de exemplo a Foresa pola aplicación da biotecnoloxía no sector forestal para ofrecer un produto de alto valor engadido

Ler máis

Eventos

Ver todos
24
Setembro
Info day programa do European Research Council e convocatoria Synergy Grant

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.