Camiño do ano internacional da cuántica
2025 acaba de ser declarado polas Nacións Unidas Ano Internacional da Ciencia e da Tecnoloxía Cuántica, coincidindo co centenario do nacemento da mecánica cuántica moderna, para recoñecer o seu potencial no impulso ao desenvolvemento sustentable e ás comunicacións globais. Galicia leva impulsando dende 2022 o Polo de Tecnoloxías Cuánticas de Galicia, que prevé un investimento de 154M€, co obxectivo de converter a nosa rexión nun referente europeo nestas tecnoloxías no 2030. Neste marco, estanse a desenvolver distintas iniciativas para promover o avance científico e dalas a coñecer entre a sociedade, impulsadas pola Rede Galega de Tecnoloxías Cuánticas.
|