Ver a versión en liña

A cuarta edición de DeseñaPeme apoia a 36 pemes con 2,2M€ para a incorporación do deseño como motor de innovación e sustentabilidade

A Axencia Galega de Innovación, dependente da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, vén de resolver a convocatoria de DeseñaPeme, a liña de axudas específicas para que as microempresas e pemes galegas poidan mellorar a súa capacidade de innovación e sustentabilidade a través da incorporación e a xestión do deseño estratéxico. A resolución, que se publicará próximamente no Diario Oficial de Galicia (DOG), supón un investimento público de 2,2M€ no marco do Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024 – DIFERENZA, co fin de que un total de 36 empresas leven a cabo proxectos que suporán unha mobilización total de 4,4M€. Esta dotación supón un incremento do 46% en relación ás anteriores convocatorias de DeseñaPeme.

Consulta a resolución de Deseña Peme
Balance da convocatoria 2024
DeseñaPeme fará posible o desenvolvemento de 36 novos proxectos para que as empresas beneficiarias melloren a súa competitividade grazas ao deseño de produto, o deseño de servizos e experiencias e o deseño de marca e identidade corporativa. A axuda media ascende a máis de 61.000€.
Por tamaño da empresa, 14 son micropemes, 12 pequenas empresas e 10 medianas.
Beneficiarios por provincia

Por provincias, máis da metade das pemes beneficiaras desenvolverán os seus proxectos en Pontevedra (19), seguida da Coruña (8), Lugo (5) e Ourense (4). A nivel territorial, destaca a proporción de proxectos procedentes de concellos rurais, que ascende a 24, o que supón preto do 67%. Ademais, 14 das pemes beneficiarias atópanse en concellos emprendedores.
Estas axudas financian o 50% dos investimentos realizados polas empresas –por un valor total de máis de 602.000€– para levar a cabo 18 novas contratacións, das que a maioría son mulleres (14). Ademais, supoñen un investimento en persoal propio que supera os 1,37 M€.

As pemes beneficiarias desenvolven maioritariamente a súa actividade nos sectores agroalimentario e das TIC, con 8 proxectos cada un, o que supón preto da metade do total (44%).

Destacan as 25 subcontratacións con estudios e profesionais de deseño por importe superior aos 770.000 €.
Balance 2021-2024
Dende a súa posta en marcha no 2021, DeseñaPeme está a permitir o desenvolvemento de 117 proxectos cun investimento público de 6,7M€, o que supón unha mobilización total de 13,4M€.
Estas iniciativas empresariais implican a participación de 382 persoas, das que 74 se corresponden con novas contratacións.
As axudas concedidas benefician a 51 micropemes, 39 pequenas empresas e 27 medianas empresas.
Por provincias, Pontevedra é a máis dinámica, con máis da metade das empresas beneficiarias (61), seguida por A Coruña (30) e por Lugo e Ourense (con 13 pemes participantes en cada unha).

Novas

Ver todas

02 de Outubro de 2024

A Xunta destaca o traballo a prol da investigación biomédica do CICA, o que apoia cunha inxección de 2 M€

Ler máis

01 de Outubro de 2024

A Xunta inviste 6 M€ no CiTIUS como centro de referencia na investigación da intelixencia artificial

Ler máis

27 de Setembro de 2024

A Xunta participa na Noite galega das persoas investigadoras cunha viaxe ao interior do Supercomputador Finesterrae III

Ler máis
pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.