Ver versión en liña

Próximas actividades da Axencia Galega de Innovación

As vindeiras semanas a Axencia Galega de Innovación celebrará varias xornadas informativas centradas en distintas temáticas. Anota na axenda para asistir ás que máis che interesen!

Quero saber máis!
Xornada participativa do ecosistema galego de I+D+i: Novo Plan Galego de Investigación e Innovación 25-27 e resultados da avaliación final da RIS3 14-20
5 de novembro Escola Galega de Administración Pública
(Rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela)

Esta xornada comenzará expoñendo os resultados provisionais da avaliación final da RIS3 2014-2020, que terán que ser validados polos asistentes. Celebrarase tamén unha sesión participativa na que o público poderá contribuír a configurar os futuros instrumentos do novo Plan Galego de Investigación e Innovación 25-27 e a definir os ámbitos temáticos aos que se cinguirá a próxima convocatoria de Conecta Peme.
Quero asistir!
Conversa en rede: diálogo sobre deseño e procesos creativos para a innovación e a sostibilidade
5 de novembro Online

A Axencia Galega de Innovación, coa colaboración da Fundación DIDAC, organiza a vindeira cita do ciclo Conversas en rede, unha serie de diálogos sobre deseño e procesos creativos para a innovación e a sostibilidade. Nesta ocasión, os profesionais invitados son a directora de escena, dramaturga, escenógrafa, vestuarista e intérprete Marta Pazos, Premio da Cultura Galega 2024 na categoría de Artes Escénicas, e o deseñador industrial Ismael Velo, Premio Galicia de Innovación e Deseño 2023 na categoría de Talento Emerxente.
Quero asistir!
Xornada de impulso a novos proxectos Horizonte Europa - convocatorias 2025
12 de novembro Sede da Axencia Galega de Innovación
(Rúa Airas Nunes, s/n, Santiago de Compostela)

No marco do Programa PEMEuropa, que ten por obxectivo fomentar a participación do ecosistema galego en programas europeos de I+D+i, a Axencia Galega de Innovación organiza esta xornada destinada a promover o acercamento entre empresas e axentes de I+D+i para facilitar colaboracións estratéxicas que fomenten a participación galega nas próximas convocatorias de 2025 de Horizonte Europa.
Quero asistir!
IV Encontro Oportunius
21 de novembro Museo Centro Gaiás. Cidade da Cultura
(Santiago de Compostela)

Evento anual de referencia do programa Oportunius, a iniciativa da Xunta de Galicia que ofrece oportunidades para desenvolver unha carreira científica de excelencia en Galicia, complementando as axudas do European Research Council (ERC) e reforzando as opcións de acceso a elas.
Este encontro permitirá coñecer o posicionamento de Galicia e España na captación de axudas do ERC e a experiencia de investigadores e investigadoras que xa accederon ou están en vías de acceder a estas axudas grazas ao apoio do programa Oportunius. Exporanse novos instrumentos de apoio á carreira científica e representantes de asociacións de científicos e científicas compartirán a súa perspectiva sobre a atracción e o retorno de talento.
Quero asistir!
Encontro de investigadores en tecnoloxías cuánticas
4 de decembro Edificio CINC da Cidade da Cultura de Galicia
(Santiago de Compostela)

A Axencia Galega de Innovación organiza esta xornada como un punto de encontro entre o persoal investigador en tecnoloxías cuánticas da nosa comunidade. Abriremos inscrición nuns días!

Novas

Ver todas

25 de Outubro de 2024

A Xunta coñece a proposta de Laboratorio TIC en Galicia da CRUSOE e a multinacional nipona NTT DATA

Ler máis

25 de Outubro de 2024

Román Rodríguez sinala nas xornadas da Academia Joven de España o carácter fundamental da investigación universitaria para o futuro

Ler máis

28 de Outubro de 2024

A Xunta convocará en 2025 como mínimo 1.600 prazas de profesorado malia a baixada do alumnado para seguir mellorando un dos mellores rateos de España

Ler máis

29 de Outubro de 2024

A Xunta apoia a AIMEN con 3,2 M€ na construción dun novo edificio pioneiro en fabricación avanzada e sustentable

Ler máis
pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.gal dende a conta na que desexe anular a suscrición.