Ver a versión en liña

Encontro de persoal investigador en tecnoloxías cuánticas

O vindeiro mércores 4 de decembro celebraremos o I Encontro de persoal investigador en tecnoloxías cuánticas, un evento que pretende ser un punto de encontro para o persoal investigador que traballa nesta materia na nosa comunidade e crear sinerxias entre este e os organismos de investigación. Ademais, presentarase o Mapa de capacidades en tecnoloxías cuánticas de Galicia.

Quero asistir!
Tanto este encontro como o mapa de capacidades enmárcanse nas actuacións para 2024 da Rede de tecnoloxías cuánticas de Galicia que persegue impulsar a investigación e o desenvolvemento destas tecnoloxías na nosa comunidade a través dunha estreita colaboración entre institucións académicas, centros de investigación e innovación, empresas e administración.
Partindo de que a colaboración é fundamental para abordar os desafíos deste campo emerxente, presentaremos este primeiro foro no que se presentará o mapa de capacidades e da cadea de valor das tecnoloxías cuánticas en Galicia, que inclúe tanto recursos humanos como infraestruturas. Ademais, aqueles grupos de investigación interesados poderán presentar as súas principais liñas de traballo nesta materia. Para elo, deben indicalo expresamente no formulario de rexistro e facilitaráselle un modelo de presentación.

Se desexas participar, podes consultar o programa e inscribirte nesta ligazón

Inscríbete!

Novas

Ver todas

26 de Novembro de 2024

Galicia leva a súa experiencia en compra pública de innovación ao Foro Iberoamericano en Chile

Ler máis

Eventos

Ver todos
13
Decembro
Foro RIS3T

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.