Ver versión en liña

Novas xornadas do Ciclo Europa: Partenariados e EIC

Este mes de xaneiro celebraremos outras dúas xornadas para informar sobre as oportunidades de financiamento da I+D+i a nivel europeo. En concreto, o vindeiro día 16 informaremos sobre as novas convocatorias e outras novidades dos Partenariados europeos e o día 29, sobre as liñas de axuda do Consello Europeo de Innovación (EIC nas súas siglas en inglés). En ambos casos contaremos coa colaboración dos Puntos Nacionais de Contacto para estas convocatorias.

Quero asistir!
Partenariados europeos
Data e hora: 16 de xaneiro, 10:00 horas
Lugar: Sede da Axencia Galega de Innovación (Santiago de Compostela)
Os Partenariados europeos están impulsados por axencias nacionais e rexionais que financian I+D+i, ao abeiro de Horizonte Europa, e xorden para dar resposta a obxectivos específicos e complexos que non poden ser afrontados a través doutros programas europeos e nacionais.
Para presentar as convocatorias de 2025 e explicar como acceder aos seus fondos, contaremos co Punto Nacional de Contacto do CDTI para os Partenariados HE, Héctor González, que ademais manterá reunións bilaterais coas entidades interesadas.
Programa e inscrición
Consello Europeo de Innovacion (EIC)
Data e hora: 29 de xaneiro, 10:00 horas
Lugar: Sede da Axencia Galega de Innovación (Santiago de Compostela)
Por outra banda, presentaremos os instrumentos de financiamento dispoñibles para 2025 do Consello Europeo de Innovación, en todas as súas modalidades: o EIC Accelerator, o EIC Pathfinder e o EIC Transition.
O Accelerator e o Pathfinder teñen como obxectivo identificar, desenvolver e implementar innovacións de alto risco de todo tipo, cubrindo toda a cadea da innovación e ofrecendo apoio a beneficiarios únicos (principalmente pemes) e consorcios multidisciplinares. Pola súa banda, o programa EIC Transition céntrase en actividades de innovación que van máis aló da proba experimental dun concepto no laboratorio, apoiando tanto a maduración como a validación de tecnoloxías novas desde o laboratorio ata as contornas de aplicación pertinentes.
Para explicar estes instrumentos contaremos cos Puntos Nacionais de Contacto de cada un deles, Luis Guerra, Marta Marín e Marta Herrero, que ademais manterán reunións bilaterais con aquelas entidades interesadas. Así mesmo, exporanse casos de éxito de entidades e investigadores galegos que acadaron estas axudas.
Programa e inscrición

Novas

Ver todas

27 de Decembro de 2024

A Xunta destaca en IYImeeting 2024 o seu compromiso coa atracción e retención de talento investigador

Ler máis

26 de Decembro de 2024

A Xunta apoia a contratación de 15 novos doutorandos industriais para que poidan desenvolver a súa tese en empresas e centros tecnolóxicos

Ler máis
pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.gal dende a conta na que desexe anular a suscrición.