Ver versión en liña

Mapa de apoios da Xunta de Galicia á I+D+i 2025

Xa se pode consultar o mapa de apoios conxunto da Xunta de Galicia á I+D+i 2025. Este documento recolle todos os instrumentos da administración autonómica dirixidos a financiar a I+D+i. En concreto, inclúe 33 instrumentos cunha dotación total de máis de 181 millóns de euros.

Consulta o mapa
Unha guía para o ecosistema galego de I+D+i
Este instrumento, elaborado no marco da Comisión Interdepartamental de I+D+i da Xunta de Galicia e aliñado coa Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia 21-27 (RIS3), pretende servir como unha guía para os axentes do ecosistema galego de I+D+i, incluíndo información de interese sobre as distintas ferramentas de apoio á I+D+i da administración autonómica que lles permita ter unha visión integral e planificar a súa actividade.
Así, o mapa recolle tanto o organismo do que dependen, como o nome da convocatoria, unha breve descrición, procedencia dos fondos, tipo de beneficiarios e data prevista de publicación. Está concebido como un documento vivo, que se irá actualizando e incorporando a data de publicación no DOG a medida que se vaia coñecendo.

As distintas liñas están estruturadas ao redor dos programas das RIS3 nos seguintes apartados:
  • Innovación e emprendemento
  • Colaboración estratéxica
  • Talento
  • Posicionamento
  • Xeración de coñecemento

Podes descargar o Mapa na sección de axudas da nosa web

Descarga o mapa

Novas

Ver todas

14 de Xaneiro de 2025

A Xunta subliña o proxecto de Magallanes Renovables en Redondela como exemplo da I+D+i galega

Ler máis

12 de Xaneiro de 2025

A Secretaría Xeral da Emigración e a Axencia Galega de Innovación avanzan na colaboración para atraer talento investigador do exterior

Ler máis

Eventos

Ver todos
29
Xaneiro
Xornada de presentación das convocatorias do European Innovation Council (EIC) en 2025

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.gal dende a conta na que desexe anular a suscrición.