O talento investigador galego achega seus resultados ao mercado
| Unha delegación galega, encabezada pola Axencia Galega de Innovación, está a participar onte e hoxe na feira internacional Science for Industry-S4i en Madrid co obxectivo de conectar a investigación realizada en Galicia co mercado. Máis dunha vintena de entidades do ecosistema galego de I+D+i, entre universidades, centros tecnolóxicos, clústeres, fundacións, entidades de capital risco, aceleradoras e administración, exploran novas oportunidades de negocio para os seus proxectos. Esta iniciativa enmárcase no programa Ignicia-Transferencia de Coñecemento, que ten como obxectivo apoiar a chegada ao mercado dos resultados da investigación. |
|