Ver versión en liña

11F Día internacional da muller e da nena na ciencia

O 11 de febreiro conmemórase o Día internacional da muller e da nena na ciencia, a proposta da Asemblea Xeral das Nacións Unidas para recoñecer o papel clave que desempeñan na comunidade científica e tecnolóxica e acadar o acceso pleno e en igualdade de condicións á ciencia. En Galicia, ao redor do 40% do persoal dedicado a I+D e do persoal investigador son mulleres, unha cifra que está a medrar nos últimos anos.

Casos de éxito de mulleres na ciencia
Dende a Axencia Galega de Innovación queremos render unha pequena homenaxe ás máis de 5.600 mulleres dedicadas a tarefas de I+D, achegando algún exemplo de investigadoras galegas que lideran proxectos de investigación ou encabezan iniciativas empresariais nacidas dos resultados da investigación. O obxectivo é ofrecer referentes ás nenas e mozas que lle sirvan de modelo e inspiración, ademais de poñer en valor a súa contribución ao avance da ciencia e da tecnoloxía e, por conseguinte, á mellora da calidade de vida das persoas.
María de la Fuente e Abi Judit Vázquez, fundadoras de DIVERSA Technologies, spin off do Instituto de Investigacións Sanitarias de Santiago de Compostela e do SERGAS, dedicada á comercialización de nanotecnoloxía para a liberación controlada de fármacos e biomoléculas terapéuticas para acelerar o desenvolvemento de medicamentos innovadores e cubrir necesidades médicas non satisfeitas. DIVERSA foi apoiada polo programa Ignicia da Xunta de Galicia e recoñecida con numerosos premios.
Tania Grandal, investigadora principal do proxecto FRONTIER de Aimen, apoiado polo programa Ignicia, no que están a desenvolver sensores de fibra óptica (FOS) que resistan ambientes extremos, principalmente moi altas temperaturas e ambientes corrosivos, para dotar de máis eficiencia ás infraestruturas industriais en contornas hostís, como as que se atopan nos sectores aeronáutico, enerxético, petróleo e gas.
Elena Ojea Fernández-Colmeiro, investigadora Oportunius no Centro de Investigacións Mariñas da Universidade de Vigo, desenvolve a súa investigación sobre o impacto do cambio climático en sistemas pesqueiros de todo o mundo e as mellores opcións para garantir a súa sustentabilidade a longo prazo, gañadora dunha ERC Starting Grant do Consello Europeo de Investigación.
Olalla López Costas, investigadora Ramón y Cajal no CRETUS da Universidade de Santiago de Compostela, está a desenvolver un proxecto de investigación apoiado por unha Consolidator Grant do Consello Europeo de Investigación sobre a contaminación ambiental por metais a través da análise de restos humanos arqueolóxicos.

Novas

Ver todas

05 de Febreiro de 2025

A Xunta contratará máis de 100 novos investigadores predoutorais cunha liña de axudas que supera os 47 M€

Ler máis

04 de Febreiro de 2025

Galicia súmase na Unesco ao Ano internacional da Cuántica en París xunto a máis de 100 países

Ler máis

01 de Febreiro de 2025

Román Rodríguez gaba a aposta da empresa JJ Chicolino, en Boiro, por proxectos innovadores no eido da acuicultura e a pesca

Ler máis
pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.gal dende a conta na que desexe anular a suscrición.