Galicia acolle o III encontro Investir en ciencia si é rendible
| Os vindeiros 19 e 20 de febreiro a nosa comunidade acolle o terceiro encontro Investir en ciencia si é rendible, organizado por Unirisco e Bio&Tech Smart Capital Noso Capital e que conta co apoio da Xunta de Galicia. O obxectivo deste foro é reunir ao ecosistema de investimento en ciencia e tecnoloxía para compartir experiencias, dar a coñecer casos de éxito e tendencias de investigación disruptiva en tecnoloxías como a Intelixencia Artificial, a biotecnoloxía ou a saúde. |
|