Axudas para recursos humanos e consolidación de grupos de investigación
A Secretaría Xeral de Universidades e a Axencia Galega de Innovación teñen actualmente abertas as convocatorias de axudas de apoio ás etapas de formación predoutoral, posdoutoral e posdoutoral continuación, así como as axudas para a consolidación de grupos de investigación. Todas elas están dirixidas a universidades públicas, organismos públicos de investigación, fundacións públicas de investigación sanitaria e centros do CSIC radicados en Galicia. As axudas para grupos de investigación están dotadas con 29,1M€ para financiar o labor destas unidades no período 2025-2029. Pola súa banda, as axudas de recursos humanos, están dotadas con preto de 32M€ e prevén a contratación de 175 investigadores. |
|