O ecosistema galego de I+I mostra as súas capacidades en Transfiere 2025 da man da Xunta de Galicia
A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP promove a participación do ecosistema galego de I+I na décimo cuarta edición de Transfiere, o foro europeo de ciencia, tecnoloxía e innovación que se celebrará entre os días 12 e 14 de marzo en Málaga.
Dende o stand institucional da Axencia Galega de Innovación, máis dunha vintena de entidades do ecosistema galego de I+D+i explorarán neste evento novas alianzas e oportunidades para os seus proxectos e capacidades de transferencia de coñecemento.
O maior evento sobre transferencia
Transfiere 2025 é o maior evento europeo sobre I+D+i e transferencia. O seu obxectivo é conectar todo o sistema español de innovación e impulsar a súa proxección internacional.
Os seus eixos temáticos son o talento, o desenvolvemento científico-tecnolóxico, o acceso a investimento e as oportunidades de negocio, co fin último de xerar alianzas e sinerxías globais.
26 axentes galegos
Axencia Galega de Innovación
Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS)
Universidade da Coruña (UDC)
Universidade de Santiago de Compostela (USC): CiMUS, CiTIUS, CiQUS, CRETUS
Universidade de Vigo (UVigo): AtlanTTic, CIM
Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS)
Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC)
Centro de Superomputación de Galicia (CESGA)
Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia (ATIGA): AIMEN, ANFACO, CETIM, CTAG, GRADIANT
Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)
Digital Innovation Hub de Galicia (DIHGIGAL)
Unirisco
Clúster Galego de Solucións Ambientais e Economía Circular (Viratec)
Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR)
Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (BIOGA)
Novas oportunidades
A Xunta impulsa a participación neste evento co obxectivo de facilitar oportunidades de colaboración para a investigación e a innovación feitas en Galicia.
A Axencia Galega de Innovación intervirá en tres sesións sobre:
O Plan Complementario de Transferencia e o seu impacto territorial (13 de marzo)
Como maximizar o financiamento público da I+D+I a través da cooperación territorial (13 de marzo)
O futuro da carreira profesional na transferencia de tecnoloxía (14 de marzo)
Programa Ignicia Transferencia de Coñecemento
A participación neste foro enmárcase no Programa Ignicia Transferencia de Coñecemento, que ten como obxectivo mellorar a transferencia dos resultados da investigación realizada nos centros de coñecemento galegos ao tecido produtivo para valorizar o investimento en ciencia.
Román Rodríguez anuncia un programa de retorno de investigadores galegos no exterior para completar a maior aposta polo talento realizada nunca en Galicia