Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia 2025
A Axencia Galega de Innovación e a Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) veñen de convocar os Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia 2025. Estes galardóns, que chegan á súa undécima edición, queren recoñecer o traballo dos grupos de investigación e das empresas que apostan pola transferencia de coñecemento como base para o desenvolvemento socioeconómico de Galicia. O prazo de presentación de candidaturas está aberto ata o 30 de abril. |
|