Ver a versión en liña

Presentación do Plan galego de investigación e innovación 2025-2027

O vindeiro 2 de abril celebramos na Cidade da Cultura de Galicia en Santiago de Compostela o acto de presentación do novo Plan galego de investigación e innovación, dotado con 1.310 millóns de euros para o periodo 2025-2027. O evento, no que intervirá o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela, terá lugar no Museo Centro Gaiás de 12 a 13 horas. Agardamos contar coa túa asistencia!

Inscríbete!
Impacto transformador no territorio
O Plan elaborouse mediante un proceso participativo con preto de 300 achegas no que interviron expertos, axentes do ecosistema galego de I+D+i e representantes de todas as consellerías da Xunta de Galicia.
Este Plan aspira a lograr un impacto económico e social transformador en todo o territorio, desenvolvendo novas capacidades tecnolóxicas, ofrecendo novas oportunidades de emprego e fortalecendo o tecido produtivo e social.
Inclúe medidas que dan continuidade ás de éxito existentes e novas iniciativas para estar á vangarda arredor de catro eixes:

PERSOAS
Formar, reter e atraer talento. Fomentar a carreira investigadora e innovadora

TRANSFERENCIA
Garantir que os resultados cheguen aos sectores produtivos para mellorar a súa competitividade

SOCIEDADE E TERRITORIO
Facilitar que a investigación e a innovación melloren os servizos á cidadanía e estendelas ao ámbito local

ESPECIALIZACIÓN
Reforzar ámbitos e iniciativas de alto impacto e valor engadido (a biotecnoloxía, as deep tech e as tecnoloxías limpas)

Se tes interese en coñecer máis polo miúdo as prioridades e novidades do novo Plan, acompáñanos o vindeiro 2 de abril

Inscríbete!

Novas

Ver todas

12 de Marzo de 2025

A Xunta mostra as capacidades e oportunidades da I+D+i galega no foro europeo Transfiere

Ler máis

11 de Marzo de 2025

A Xunta felicita a unha quincena de empresas que captan case 3,7 M€ para proxectos de I+D en ámbitos como aeronáutica, alimentación ou construción

Ler máis

09 de Marzo de 2025

A Xunta mostra as capacidades da I+D+i galega no maior evento europeo sobre transferencia de coñecemento

Ler máis

Eventos

Ver todos
18
Marzo
Taller de preparación de propostas ERC 2025-2026

19
Marzo
Train the trainers: Programa de apoio á preparación de propostas ao ERC

21
Marzo
Oportunidades en Horizonte Europa para entidades do ámbito da comunicación, difusión e márketing

01
Abril
Presentación de Convocatorias CL2 Cultura, Creatividade e Sociedade Inclusiva + WIDERA de Horizonte Europa

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.