Consultas Preliminares ao Mercado de proxectos de Compra Pública Innovadora da Xunta de Galicia
O vindeiro 4 de abril organizamos en colaboración con outros cinco departamentos da Xunta de Galicia unha xornada de presentación dos proxectos que a administración autonómica presentará á convocatoria de Fomento da Innovación dende a Demanda do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. O obxectivo desta xornada é expor as necesidades de cada área, coñecer o grao de desenvolvemento destas tecnoloxías no mercado para definir a potencial futura licitación e informar dos próximos pasos. |
|