Ver a versión en liña

Plan galego de investigación e innovación 2025-2027

Onte presentouse publicamente o Plan galego de investigación e innovación 2025-2027, nun acto presidido polo presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, que contou coa asistencia de máis de 800 representantes do ecosistema galego de I+D+i. O novo plan, dotado con 1.310 millóns de euros -un 20% máis que o anterior-, contén 165 instrumentos articulados a través de cinco programas verticais (talento, coñecemento, innovación e emprendemento, colaboración estratéxica e posicionamento), iniciativas de alto impacto e un eixo transversal de simplificación administrativa. A súa misión é consolidar a Galicia como un referente nacional e internacional no eido da I+D+i.

Consulta o Plan
Un plan representativo, investidor, participativo e ambicioso
O novo Plan galego de I+i 25-27 é representativo, na medida en que nas mesas do seu proceso de elaboración participaron máis de 200 persoas; é investidor, porque conta cun orzamento de máis de 1.310 millóns de euros; é participativo, porque se recolleron preto de 300 respostas a unha consulta que permitiu afinar os obxectivos e instrumentos; e é ambicioso, porque despregará 165 instrumentos de apoio.
Estrutura do Plan
O Plan estrutúrase arredor de cinco programas verticais, catro iniciativas de alto impacto e un eixe transversal:
Principais novidades
Este plan presenta tres novidades principais:
  • Iniciativas de alto impacto para a transformación tecnolóxica e social
  • Ampliación das actuacións para atraer talento científico
  • Novas medidas de impulso á transferencia e á valorización do coñecemento

Consulta o documento completo, o resumo executivo e o vídeo explicativo na nosa web!

Máis información

Novas

Ver todas

01 de Abril de 2025

A Xunta difunde as oportunidades de financiamento en Europa nos eidos da innovación cultural, social e sensibilización social cara a ciencia

Ler máis

Eventos

Ver todos
04
Abril
Consultas Preliminares ao Mercado dos proxectos aspirantes á liña FID 2025

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.