Ver a versión en liña

Nova convocatoria do programa Ignicia Proba de Concepto para apoiar a chegada dos resultados da investigación ao mercado

O vindeiro 28 de abril publicarase a quinta edición do programa Ignicia Proba de Concepto, unha convocatoria de axudas dotada con 4 millóns de euros, para comercializar os resultados das investigacións de ata 10 proxectos. Para informar sobre esta convocatoria celebraremos unha xornada o vindeiro 21 de abril na sede da Axencia.

Inscríbete na xornada
Un programa de referencia en transferencia de tecnoloxía
O programa Ignicia é un dos principais instrumentos da Xunta de Galicia para facilitar a transferencia de coñecemento e está recoñecido como un programa singular e pioneiro en España, que sirveu como inspiración a outras rexións, e identificado como boa práctica pola OCDE.
V convocatoria do programa Ignicia Proba de Concepto
Obxectivo: Potenciar a valorización do coñecemento dos centros de I+D+i galegos, impulsando a creación de novas spin-offs e acordos de licenzas de comercialización da tecnoloxía xerada en Galicia.
Beneficiarios: Organismos de investigación galegos (universidades públicas e centros tecnolóxicos), centros do CSIC en Galicia e fundacións sanitarias.
Descrición: A través desta liña prevese a selección de entre oito e dez proxectos -que se sumarán aos 32 xa apoiados en convocatorias previas- para comezar a executalos en xaneiro de 2026 durante un prazo estimado de dous anos.
Ignicia pon o foco:
No proceso de selección e no seguimento próximo dos proxectos durante a súa execución Apoia a ciencia excelente para facer rendible o investimento Os proxectos deben contar con capacidade de xerar retornos económicos e ter como fin a comercialización dos resultados da investigación

Balance do programa Ignicia Proba de Concepto
Con esta nova edición de Ignicia, a Xunta chegará a un investimento de 17M€ no Programa. Desde a primeira convocatoria, en 2016, apoiáronse 32 proxectos que xa deron lugar a 11 spin-offs e 3 acordos coa industria, que empregan a máis de 150 profesionais de alta cualificación e levan captado máis de 27M€ de financiamento público e privado a nivel nacional e internacional.
Ademais desta convocatoria de proba de concepto, Ignicia Transferencia desprega un conxunto de actuacións especializadas de apoio como programas de formación e capacitación de persoal investigador e xestor, seguimento de indicadores de transferencia ou o posicionamento rexional, nacional e internacional do programa.
Algúns exemplos para inspirarse
No noso blog Ganadores.gal podedes atopar exemplos de proxectos apoiados en edicións anteriores desta convocatoria, como o proxecto Frontier de Aimen que desenvolveu unha nova tecnoloxía que redunda nunha maior eficiencia e menor impacto ambiental de distintos procesos industriais; o proxecto Celia, un asistente dixital de conversa orientado a persoas de idades avanzadas, deseñado polo grupo GTI do centro de investigación atlanTTic da Universidade de Vigo; ou a tecnoloxía de TraffikGene, desenvolta no seo do Ciqus da Universidade de Santiago de Compostela, que permite mellorar o transporte dos ácidos nucleicos a través de novas moléculas que funcionarán como vehículos para potenciais aplicacións terapéuticas.

Novas

Ver todas

10 de Abril de 2025

A Xunta de Galicia presenta no Parlamento o novo Plan galego de I+D+i 2025-2027, dotado con 1.310 M€ para executar 165 actuacións

Ler máis

09 de Abril de 2025

Máis de 60 investigadores preparan a súa tese doutoral en empresas e centros tecnolóxicos galegos cun apoio da Xunta de case 8 M€

Ler máis

08 de Abril de 2025

Galicia expón en Madrid a súa experiencia en compra pública de innovación como pioneira neste ámbito

Ler máis

07 de Abril de 2025

A Xunta lanzará un paquete de medidas de 52 M€ dirixido á colaboración estratéxica e á transferencia de coñecemento para impulsar a I+D+i galega

Ler máis

Eventos

Ver todos
22
Abril
Obradoiros de traballo dos retos técnicos das Consultas Preliminares ao Mercado dos proxectos de CPI da Xunta

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.