Unha reportaxe en Nature destaca a Galicia como potencia emerxente en investigación
| A revista Nature acaba de publicar unha reportaxe, en colaboración coa Xunta de Galicia, na que sitúa a Galicia como unha potencia emerxente en investigación e un polo de innovación en sectores como a biomedicina, a Intelixencia Artificial ou as tecnoloxías cuánticas. Esta actuación contribúe a reforzar o posicionamento internacional do ecosistema galego de I+D+i incrementando a súa visibilidade, impulsando a atracción de talento, o establecemento de colaboracións estratéxicas e a captación de investimentos.
|
Consulta o artigo
|