Ver a versión en liña

Próximas actividades sobre financiamento europeo á I+D+i

Nas vindeiras semanas celebraremos dúas actividades centradas no financiamento europeo á I+D+i. Por un lado, no marco das actividades da Enterprise Europe Network, organizaremos entre o 2 e o 9 de xuño un curso online dirixido a formar ás pemes galegas sen experiencia no programa Horizonte Europa, o programa marco de I+D+i da Unión Europea. Por outro lado, o día 16 de xuño terá lugar unha nova xornada do Ciclo Europa, neste caso centrada en clima, alimentación, bioeconomía, recursos naturais, agricultura e medioambiente.

Curso sobre Horizonte Europa para pemes
Este programa formativo dirixido a pemes sen experiencia previa no programa Horizonte Europa. A duración do curso é de 11,5 horas, divididas en 6 sesións. Ademais, aquelas pemes que teñan unha idea de proxecto poderán recibir unha titorización online de 30 minutos de duración, tras a finalización do curso.
Dirixido a Pemes sen experiencia previa en Horizonte Europa
Módulos formativos - Introdución ao programa Horizonte Europa
- Presentación dunha proposta a Horizonte Europa:
* O funding & Tenders Portal
* Principais pasos para presentar un proxecto a Horizonte Europa
* Redacción do Anexo Técnico e orzamento dun proxecto Horizonte Europa
- Oportunidades de Cascade Funding
Prazas Son limitadas. É necesario enviar a ficha de solicitude ao correo galactea.gain@xunta.gal
Modalidade Online
Máis información
Xornada Ciclo Europa: Cluster 5 e Cluster 6
O próximo 16 de xuño na sede da Axencia Galega de Innovación, organizamos unha nova xornada do Ciclo Europa, neste caso sobre as novas convocatorias do Cluster 5 (clima) e Cluster 6 (alimentación, bioeconomía, recursos naturais, agricultura e medioambiente) de Horizonte Europa. Ademáis, tamén se tratarán as oportunidades e características das vindeiras convocatorias de CBE JU 2025 (economía circular), PRIMA (Asociación para a Investigación e a Innovación na Área Mediterránea) e EU Missions (clima, océanos e augas e solos).
Contaremos coa participación de Marta Conde, Punto Nacional de Contacto do CDTI, que ademáis de presentar as convocatorias estará dispoñible para reunións bilaterais coas entidades interesadas en realizar consultas particulares. Na xornada tamén se analizarán as grandes oportunidades que estas convocatorias ofrecen para a posta en marcha de iniciativas de colaboración entre administracións públicas e outras entidades.
Convocatorias a presentar - Clúster 5 - Clima
- Cluster 6 – Alimentación, Bioeconomía, Recursos Naturais, Agricultura e Medio Ambiente
- Circular Bio-based Europe Join Undertaking (CBE JU)
- PRIMA
- EU Missions Climate, Oceans & waters and Soil
Dirixido a Todos os axentes do ecosistema galego de I+D+i
Data e hora 16 de xuño de 2025, de 10 a 13 horas
Lugar Sede da Axencia Galega de Innovación
Máis información

Podes inscribirte nestes eventos na páxina web da Axencia Galega de Innovación

Inscríbete!

Novas

Ver todas

20 de Maio de 2025

Galicia participa en Santander nun encontro para impulsar a cooperación nas políticas de apoio á I+D+i

Ler máis

Eventos

Ver todos
27
Maio
Mesas de traballo para a avaliación intermedia da RIS3 21-27 e preparación da convocatoria de Misións 2026

17
Xuño
VInnovate Call 2025 Projects Generation Webinar

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.