Aberta a primeira fase da convocatoria interrexional VInnovate
| A Vanguard Initiative, a alianza estratéxica que agrupa a 35 rexións europeas co obxectivo de impulsar o crecemento europeo a través da colaboración interrexional en I+D+i e a especialización intelixente, ten aberto o prazo da primeira fase da convocatoria VInnovate. Os interesados teñen de prazo ata o 15 de setembro para presentar as súas expresións de interese á Vanguard Initiative, paso perceptivo para poder participar na segunda fase e optar ao financiamento galego. Os vindeiros 17 de xuño e 8 de xullo celebraranse dous novos webinars de xeneración de proxectos. |
Apúntate aos webinars!
|