Ver a versión en liña

Innovarede, rede do ecosistema galego de innovación

Co obxectivo de potenciar a colaboración entre os axentes do ecosistema galego de innovación, a finais de 2023 lanzamos Innovarede, unha plataforma web para visibilizar as capacidades científico-tecnolóxicas galegas. Esta rede permite realizar buscas por varios criterios e crear novas demandas tecnolóxicas ou de coñecemento.

Accede a Innovarede
Impulsar a colaboración en I+D+i
Innovarede é un servizo para que as empresas e os centros de I+D+i poidan coñecer mellor o ecosistema galego e buscar potenciais socios ou colaboradores para os seus proxectos. O buscador premite empregar varios filtros: tecnoloxías, cadeas de valor ou tipo de entidade. Ademais, os usuarios rexistrados poden crear novas demandas tecnolóxicas ou de coñecemento, adaptadas ás súas necesidades.
A información que ofrecen as entidades rexistradas - datos de contacto, liñas de investigación, proxectos, patentes e publicacións- pode ser de utilidade para atopar sinerxias, por exemplo, para participar en convocatorias como Nexos, de próxima publicación.
Por último, podes visualizar nun mapa a distribución territorial das diferentes entidades que conforman o ecosistema galego de innovación.
Innovarede en cifras

Novas

Ver todas

08 de Xullo de 2025

Rueda salienta a aposta de Galicia por liderar a revolución cuántica con talento propio e infraestruturas de referencia

Ler máis

Eventos

Ver todos
15
Xullo
Xornada de presentación da convocatoria Nexos

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.