Ver a versión en liña

ACTIVA I+G+I: 53M€ para impulsar a colaboración entre pemes e a transferencia de coñecemento

O Consello da Xunta desta semana aprobou o primeiro paquete de axudas especialmente enfocado ás pemes no marco do novo Plan galego de investigación e innovación 25-27. Activa I+G+i conleva un investimento de preto de 53 millóns de euros, co que se agarda mobilizar máis de 101M€. Este paquete inclúe catro convocatorias: Nexos, Unidades Mixtas de Investigación, Fortalecemento de centros tecnolóxicos e Recuperación da excelencia Neotec. Todas elas están cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 21-27.

Nexos
Orzamento 28M€
Obxectivo Fomentar a cooperación entre as pemes e os demais axentes do ecosistema galego de innovación, a través do apoio a proxectos de I+D+i colaborativos
Beneficiarios Agrupacións de empresas (mínimo 3 e máximo 6)
Data prevista DOG 2º quincena de xullo 2025
Prazo de presentación Ata o 22 de setembro de 2025
Novidades - Priorización dun número reducido de ámbitos temáticos
- Incorporación de custos simplificados na xustificación das axudas
Máis información Nexos
Unidades Mixtas de Investigación
Orzamento 12M€
Obxectivo Desenvolver iniciativas colaborativas mediante a creación de consorcios estratéxicos entre organismos de investigación e empresas
Fases 1. Creación de novas unidades mixtas
2. Consolidación das creadas en 2020 e 2022
3. Creación e consolidación de centros mixtos de investigación
Beneficiarios - Organismos de investigación (universidades, centros tecnolóxicos e de apoio á innovación, CSIC, fundacións de investigación sanitaria, ...)
- Empresas (grandes e pemes)
Data prevista DOG 2º quincena de xullo 2025
Prazo de presentación Ata o 22 de setembro de 2025
Novidades - A agrupación debe contar alomenos cunha pequena ou mediana empresa
Máis información Unidades Mixtas
Fortalecemento de centros tecnolóxicos
Orzamento 9,75M€
Obxectivo Apoio aos centros tecnolóxicos mediante investimentos para a creación e mellora de infraestruturas de investigación e tecnolóxicas
Beneficiarios - Centros tecnolóxicos
- Centros de apoio á innovación tecnolóxica de Galicia
Data prevista DOG 2º quincena de xullo 2025
Prazo de presentación Ata o 22 de setembro de 2025
Novidades - Poderanse financiar só obra naqueles casos en que se precise localizar equipamentos xa financiados na convocatoria do 2024, sen necesidade de incluír equipamento na solicitude
Máis información Fortalecemento
Recuperación de excelencia Neotec
Orzamento 3M€
Obxectivo Financiar aquelas empresas con base tecnolóxica que superaron os limiares mínimos establecidos na convocatoria estatal Neotec de CDTI pero que non obtiveron financiamento
Beneficiarios Pequenas empresas innovadoras de recente creación
Data prevista DOG 2º quincena de xullo 2025
Prazo de presentación Ata o 22 de setembro de 2025
Novidades - A convocatoria é en réxime de concorrencia non competitiva, as subvencións concederanse por orde de entrada;
- unha única xustificación ao remate do proxecto;
- as empresas deben ter sede en Galicia.
Máis información Neotec

Novas

Ver todas

16 de Xullo de 2025

A Xunta felicita ao centro de investigación CiMUS da USC tras recibir a distinción estatal María de Maeztu

Ler máis

15 de Xullo de 2025

A Xunta lanza o programa Activa I+G+i cun investimento de case 53 M€ para fomentar a transferencia

Ler máis
pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.