Convocatorias de axudas abertas ou próximas a abrir
| Dende a Axencia Galega de Innovación queremos informar sobre as convocatorias de axudas que están actualmente abertas e outras de próxima publicación. En concreto, está aberto o prazo de solicitude das axudas de Doutoramentos Industriais, para a contratación de estudantes que realicen a súa tese de doutoramento nunha empresa ou centro tecnolóxico, e VInnovate, mecanismo de financiamento de proxectos interrexionais de innovación. Por outra banda, publicaranse nas vindeiras semanas as liñas de axuda Nexos, Unidades mixtas de investigación, Fortalecemento de centros tecnolóxicos e Recuperación de excelencia Neotec.
|
|