Convócase a segunda edición de VInnovate Galicia para apoiar proxectos de I+D+i interrexionais
| Mañá, venres, publicarase no DOG a nova convocatoria VInnovate Galicia, impulsada pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP a través da Axencia Galega de Innovación e dotada con 1M€ cofinanciados pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027. O seu obxectivo é apoiar a participación galega en proxectos de I+D+i entre as 11 rexións europeas participantes. O prazo de presentación de solicitudes desta segunda fase comeza este sábado e remata o 15 de outubro.
|
Máis información
|