Ver a versión en liña

A Noite Galega das Persoas Investigadoras achega a ciencia á sociedade con máis de 200 actividades

Mañá celébrase en toda Europa a Noite das Persoas Investigadoras, un evento de divulgación científica que persegue achegar a ciencia á cidadanía dun xeito lúdico e participativo. Galicia únese un ano máis a esta cita ofrecendo máis de 200 actividades de divulgación científica nas sete cidades galegas. Na nosa comunidade, o evento está coordinado pola Universidade de Vigo e conta coa participación das universidades de Santiago de Compostela e da Coruña, os centros do Consello Superior de Investigacións Científicas en Galicia e outros centros de coñecemento galegos, co apoio da Xunta de Galicia.

Consulta as actividades!
Lecer científico para todos os públicos
Ao longo da tarde e da noite, as sete principais cidades galegas –A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo– acollerán unha ampla variedade de actividades dirixidas a todos os públicos, abertas e gratuítas. Os formatos inclúen dende obradoiros a feiras científicas, pasando por experimentos, andainas, charlas ou exposicións, entre outras.
Baixo o lema europeo “Conciencias creativas”, en Galicia participan as universidades de Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña, varios institutos do CSIC (Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, Instituto Español de Oceanografía, Misión Biolóxica de Galicia, Instituto de Investigacións Mariñas e Instituto de Ciencias do Patrimonio), as fundacións de investigación sanitaria Instituto de Investigación Biomédica de A Coruña e o Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, o Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga) e o Centro de Supercomputación de Galicia.

O obxectivo desta iniciativa é:
  • achegar a ciencia e o persoal investigador ao público,
  • aumentar o interese da mocidade pola ciencia e as carreiras científicas
  • amosar como o traballo dos investigadores e investigadoras afecta á nosa vida diaria

A información detallada sobre horarios, localizacións e rexistros pode consultarse na páxina web do evento

Web G-Night

Novas

Ver todas

24 de Setembro de 2025

Galicia destaca en Bilbao a importancia de desenvolver un sistema sólido en cuántica como clave para competir

Ler máis

20 de Setembro de 2025

A Xunta convoca a VII edición do Premio Empregados Públicos Innovadores para fomentar a innovación dentro da administración

Ler máis

Eventos

Ver todas
26
Setembro
Curso Presencial: Transferencia de coñecemento e interacción co sistema de I+D+i

30
Setembro
Construíndo ecosistemas de impacto en cuántica

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.