Galicia pon en funcionamento a liña de comunicación cuántica máis longa de España
| A I+D+i galega viviu hoxe un novo fito coa posta en funcionamento da liña de comunicación cuántica terrestre máis longa de España e tamén unha das maiores de toda Europa: 120 quilómetros que unen a partir de agora Santiago de Compostela e Vigo. A nova infraestrutura despregada, desenvolta por investigadores do CESGA co asesoramento do Vigo Quantum Communication Center, facilitará establecer comunicacións ultraseguras. Entre as aplicacións desta tecnoloxía atópanse a protección de infraestruturas críticas, comunicacións gubernamentais, control de tráfico aéreo, seguridade de transaccións bancarias e datos de saúde da cidadanía.
|
Máis información
|