Galicia logra unha factoría europea de Intelixencia Artificial (1HealthAI)
| O Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga) acaba de conseguir unha das seis novas factorías europeas de intelixencia artificial que estará centrada no ámbito de “unha soa saúde” (saúde humana, animal e ambiental) e que contará cun investimento de 82 M€. Esta factoría, solicitada pola Xunta e o CSIC, inclúe a adquisición de infraestruturas de supercomputación avanzadas e unha plataforma experimental e permitirá acelerar a investigación e a innovación neste ámbito.
|
|