Ver a versión en liña

Xornada sobre o novo Plan Complementario de Transferencia de Coñecemento: convocatoria de ecosistemas de innovación e transferencia

Co obxectivo de impulsar a participación das entidades galegas na nova convocatoria do Centro para el Desarrollo Tecnológico y la Innovación (CDTI), ecosistemas de innovación e transferencia 2025, a Axencia Galega de Innovación organiza unha xornada o venres 7 de novembro. Esta convocatoria, que se enmarca no Plan Complementario de Transferencia de Coñecemento e que se publicará proximamente, persegue o desenvolvemento de ecosistemas e contornas innovadoras interrexionais máis conectados, orientados á transferencia, difusión e valorización do coñecemento.

Inscríbete!
Retos compartidos
Con esta nova convocatoria trátase de crear ecosistemas suprarrexionais que elaboren plans de traballo, follas de ruta tecnolóxicas e de innovación compartidas entre diferentes comunidades autónomas, establecendo obxectivos comúns e metodoloxías de colaboración.
As propostas deben estar dirixidas a afrontar algún destes cinco retos sociais, económicos e/ou tecnolóxicos:
Reto I:
A transición ecolóxica xusta e equitativa: cara a un sistema agroalimentario integrado de sustentabilidade ambiental, cohesión social e promoción da saúde
Reto II:
Transición enerxética cara un sistema eléctrico robusto, eficiente e sostible: enerxías limpas como motor de descarbonización, prosperidade económica e equidade social nunha sociedade sostible
Reto III:
Preservar para transformar: o patrimonio vital como vector estratéxico de desenvolvemento territorial equilibrado e sostible
Reto IV:
Determinantes en saúde e coidado: Os novos espazos socioeconómicos
Reto V:
Transformación sistémica cara a unha mobilidade sostible, conectada, eficiente e segura
Características provisionais da próxima convocatoria
Actividades financiables: - Realización de análises e diagnósticos para a identificación de retos sociotécnicos e temáticas de interese para o supra-ecosistema;
- Actividades de soporte como programas de formación, difusión, estimulación e talleres de asesoramento;
- Definición, concreción e planificación de propostas de iniciativas de cooperación público-privada, entre outras
Beneficiarios: Agrupacións de 4 a 8 entidades entre: empresas, organismos públicos de investigación, universidades, institutos de investigación sanitaria, centros tecnolóxicos, outros centros públicos ou privados de I+D+i; organizacións de apoio á transferencia tecnolóxica, asociacións e fundacións e as administracións públicas
Características dos proxectos: - As actividades deberán realizarse en polo menos tres comunidades autónomas distintas
- As solicitudes deberán ser de interese para o desenvolvemento das estratexias de especialización intelixente das comunidades autónomas onde se realicen
- Deben encadrarse en, polo menos, un dos retos sociotécnicos identificados.
Financiamento: Subvención
Máis información sobre a convocatoria
Sobre a xornada:
Ademais de presentar as características que xa se coñecen desta nova convocatoria, celebraranse grupos de traballo centrados en cada un dos retos para facilitar a formación de posibles consorcios. Inscríbete na seguinte ligazón.
Inscríbete na xornada!

Novas

Ver todas

29 de Outubro de 2025

Román Rodríguez agradece ao CSIC o seu apoio para instalar en Galicia unha fábrica europea de intelixencia artificial

Ler máis

27 de Outubro de 2025

Román Rodríguez destaca a importancia da colaboración entre Galicia e o norte de Portugal en materia de I+D+i para reforzar os proxectos europeos

Ler máis

Eventos

Ver todos
12
Novembro
Infoday Convocatorias CL5 de Horizonte Europa: Mobilidade

20
Novembro
Infoday convocatorias CL6, CL5 (parte de clima), CBE JU e PRIMA de Horizonte Europa

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.