Ver a versión en liña

Actividades de proxección internacional da Axencia Galega de Innovación

Un dos obxectivos do Plan galego de I+D+i é aumentar a colaboración e a presenza do noso ecosistema en contornas suprarrexionais. Con este obxectivo, esta semana unha delegación de investigadores e representantes de varias asociacións membro de RAICEX, a Rede de Asociacións de Investigadores e Científicos Españois no Exterior, visita estes días Galicia para coñecer en profundidade o noso ecosistema de I+D+i. Ademáis, a vindeira semana asistiremos á Conferencia Europea de Tecnoloxías Cuánticas en Copenhague co obxectivo de establecer colaboracións a nivel internacional e amosar e coñecer os últimos avances e aplicacións en tecnoloxías cuánticas.

Visita a Galicia dunha delegación de RAICEX
Unha delegación de persoal investigador e representantes de varias asociacións da Rede de Asociacións de Investigadores e Científicos Españois no Exterior (RAICEX) visita estos días Galicia. Os obxectivos desta visita son coñecer en profundidade o noso ecosistema de I+D+i, as súas capacidades e fortalezas, e manter reunións de traballo co persoal investigador galego que poidan derivar en proxectos científicos conxuntos.
Esta actividade enmárcase no acordo de colaboración que a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP mantén con RAICEX e que propiciou que, nos últimos tres anos, representantes da I+D+i galega participasen nunha ducia de eventos das asociacións de científicos do Reino Unido, Francia, Alemaña, Bélxica, Suecia e Dinamarca, entre outros países.
Presenza na Conferencia Europa de Tecnoloxías Cuánticas en Copenhague
A vindeira semana participaremos na Conferencia Europea de Tecnoloxías Cuánticas, que se celebra en Copenhague do 10 ao 12 de novembro. Galicia contará cun posto en representación da Rede Galega de Tecnoloxías Cuánticas, que involucra a máis dunha decena de entidades galegas que lideran o desenvolvemento de novas tecnoloxías en campos como o da computación, a comunicación ou a sensórica cuántica.
Este evento cita aos actores máis relevantes no eido das tecnoloxías cuánticas, contando coa presenza de representantes políticos, investigadores e empresas de todo o mundo. Grazas ao encontro, no que se agarda que participen preto de mil persoas, poderanse establecer colaboracións con entidades internacionais, así como coñecer os últimos avances e aplicacións das tecnoloxías cuánticas.
Resultados do Plan Complementario de Comunicacións Cuánticas en Galicia
Onte presentáronse os resultados da participación galega no Plan Complementario de Comunicacións Cuánticas, un instrumento de colaboración interterritorial para avanzar en áreas estratéxicas como a cuántica. Galicia participou neste programa, cun financiamento de 9,6 millóns de euros procedentes de fondos europeos e de fondos propios da Xunta de Galicia, a través das tres universidades públicas galegas e do Cesga.

Novas

Ver todas

05 de Novembro de 2025

Galicia sitúase como referente a nivel nacional e internacional en tecnoloxías cuánticas

Ler máis

05 de Novembro de 2025

Galicia amosa as capacidades da I+G+i a unha delegación da Rede de Asociacións de Investigadores e Científicos Españois no Exterior

Ler máis

03 de Novembro de 2025

Rueda anuncia que Galicia contará cunha nova Lei de ciencia e innovación para acompañar o gran crecemento da I+G+i

Ler máis

Eventos

Ver todos
07
Novembro
Presentación da Convocatoria de Ecosistemas de Innovación e Transferencia 2025

12
Novembro
Infoday Convocatorias CL5 de Horizonte Europa: Mobilidade

18
Novembro
Curso Horizonte Europa para pemes con experiencia

20
Novembro
Infoday convocatorias CL6, CL5 (parte de clima), CBE JU e PRIMA de Horizonte Europa

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.