Ver a versión en liña

Nova Lei de ciencia e innovación de Galicia

O anteproxecto de Lei de ciencia e innovación de Galicia iniciou a súa tramitación coa autorización polo Consello da Xunta e a apertura dunha consulta pública previa, que estará aberta ata o vindeiro 28 de novembro. Esta norma, que se prevé entre en vigor no 2027, actualizará, integrará e fortalecerá o actual marco vixente dende 2013. Entre as súas novidades destacan a regulación de ámbitos como a atracción e retención de talento, a transferencia efectiva de resultados para achegar a ciencia á industria, a innovación empresarial ou a redución da burocracia.

Fai as túas achegas!
Necesidade desta nova lei
A necesidade de actualizar o marco normativo de 2013 xorde para dar resposta aos novos retos aos que se enfronta a sociedade actual como a transformación tecnolóxica e dixital, a transición ecolóxica e a globalización. Así mesmo, persegue acompañar o momento de forte crecemento que vive a I+D+i galega, con datos moi positivos de aumento no investimento en I+D e o desenvolvemento de proxectos estratéxicos.
Novidades
Entre as novidades da futura lei, atópanse a regulación de ámbitos como a atracción e retención de talento, a transferencia efectiva de resultados para achegar a ciencia á industria, a innovación empresarial ou a redución da burocracia. Ademais, a Xunta busca estimular a iniciativa privada e o investimento en ciencia para que os resultados acadados nas investigacións teñan un impacto maior, así como conectar a cidadanía coa I+D+i. Será tamén relevante a descentralización e o reforzo da innovación territorial a través dos plans locais de I+D+i para levar a ciencia e a innovación a todo o territorio galego.
Un proceso participativo
A tramitación do anteproxecto de lei levarase a cabo a través dun proceso participativo e aberto no que se convidará a todos os axentes da I+D+i galega a que acheguen propostas e suxestións. Este proceso complétase con mecanismos formais de coordinación institucional entre os que destaca unha comisión de redacción da lei integrada por diferentes departamentos do Goberno autonómico implicados, liderada pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP. Tamén será fundamental a participación da Comisión Interdepartamental de I+D+i, a través do seu grupo técnico, para incorporar aspectos especialmente relevantes nos diferentes ámbitos e asegurar unha coherencia interinstitucional, así como o recentemente nomeado Consello Asesor de Investigación e Innovación de Galicia, con profesionais de recoñecido prestixio nestes campos.

Podes facer a túa achega no portal de Transparencia da Xunta de Galicia

Fai a túa achega!

Novas

Ver todas

12 de Novembro de 2025

Galicia participará no primeiro Centro Europeo de Excelencia Cuántica concedido pola Comisión Europea

Ler máis

11 de Novembro de 2025

A Xunta amosa as capacidades de Galicia en tecnoloxías cuánticas en Copenhague

Ler máis

07 de Novembro de 2025

Román Rodríguez anima á sociedade a realizar as súas achegas á futura Lei de ciencia e innovación de Galicia

Ler máis

Eventos

Ver todos
18
Novembro
Curso Horizonte Europa para pemes con experiencia

20
Novembro
Infoday convocatorias CL6, CL5 (parte de clima), CBE JU e PRIMA de Horizonte Europa

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.