Participamos no VII Foro Iberoamericano de CPI en Granada
| A Xunta de Galicia participa ata mañá no VII Foro Iberoamericano de Compra Pública de Innovación e Innovación Aberta en Granada. Conta cun espazo propio na zona de feira, onde se expón a traxectoria de Galicia en Compra Pública de Innovación (CPI), unha ferramenta de contratación que permite impulsar a innovación dende as Administracións para mellorar a calidade de vida das persoas. Así mesmo, varios departamentos da Xunta participan no programa do Foro para presentar distintos proxectos de CPI que están desenvolvendo.
|
Máis información
|