Ver a versión en liña

O Gasto en I+D en Galicia medra un 10%

O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou o pasado 20 de novembro os datos actualizados da Estatística sobre actividades de I+D correspondente ao ano 2024. Os resultados confirman a evolución positiva da I+D en Galicia durante o actual marco programático RIS3 2021–2027, que está a acadar máximos históricos tanto en termos absolutos como relativos.

Consulta os datos
Principais resultados:
O gasto interno en I+D en Galicia alcanzou en 2024 os 1.058 millóns de euros, 1,3% do PIB, o que supón un incremento do 9,9% respecto do ano anterior, tres puntos máis que o do conxunto do estado (6,93%) e o maior valor da serie histórica. A Comunidade escala un posto no ránking de autonomías que máis invisten en ciencia, colocándose así na sexta posición.
O sector empresas concentrou o 48,2% do gasto en I+D interna en Galicia 510,5 M€, manténdose aínda por debaixo da media estatal que foi do 55,9%. O sector público (ensino superior e administración pública) representou o 51,8%, 547,7 M€, por riba da media estatal, que foi do 44,1% de media.
O persoal dedicado a actividades de I+D foi de 13.347 persoas en equivalencia a xornada completa, do que un 41,3% foron mulleres. O persoal investigador acadou as 8.736 persoas en equivalencia a xornada completa.
Evolución 2021–2024:
Desde o inicio do novo marco programático en Galicia no 2021, coa nova Estratexia de especialización intelixente de Galicia RIS3 2021-2027 e tras a finalización do Plan galego de investigación e innovación 2022-2024, o gasto interno en I+D en Galicia medrou neste período un 51,7%, fronte a un crecemento medio a nivel estatal do 40,4%, cunha taxa media de crecemento anual do 15%. No período 2021–2024, o persoal en I+D aumentou un 16,7% , un 11,43% máis ca en 2021.

Novas

Ver todas

24 de Novembro de 2025

A Xunta apoia con 1,6 M€ a empresa maquinaria agrícola Cancela para poñer en marcha un proxecto que contribúe á descarbonización do sector forestal

Ler máis

22 de Novembro de 2025

Galicia acada 476 M€ en proxectos de compra pública de innovación, situándose pioneira e líder en España

Ler máis
pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.