Ver a versión en liña

Xornada sobre a innovación na contratación pública

O vindeiro martes, 13 de xaneiro, a Fundación Cotec para la Innovación, en colaboración coa Xunta de Galicia, presentará na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela o Índice para a medición da CPI+: innovación vs prezo. Este índice persegue medir, analizar e visibilizar como as administracións públicas incorporan a innovación nos seus procesos de contratación e ofrece unha visión integral e comparada da compra pública de innovación a escala nacional, rexional e provincial, avaliando a súa evolución e distribución territorial nos países europeos.

Inscríbete na xornada!
Contido da xornada
Ademáis da presentación do proxecto, o encontro contará cunha conversa sobre o pasado, presente e futuro da CPI entre o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, e a presidenta de Cotec, Cristina Garmendia.

A presentación do Índice realizarana os seus autores: María Peñate (Cotec), Juan Carlos Salazar-Elena (Universidade Autónoma de Madrid) e Jon Mikel Zabala (Universidade de Deusto).

Ademáis, haberá unha mesa redonda coa participación de Ferrovial, Fundación Pfizer, Telefónica, Fundación Abertis e Indra, que ofrecerán diferentes enfoques sobre o papel tractor da innovación na Compra Pública.

Por último, o director xeral de CDTI, José Moisés Martín, clausurará o evento.

Podes consultar o programa na seguinte ligazón

Programa
Galicia, líder en CPI
Galicia é pioneira e líder en CPI en España. Leva executados 476M€ neste tipo de proxectos innovadores e a Xunta de Galicia recibiu oito premios neste eido. Ademais, Galicia captou preto da metade dos proxectos da convocatoria da Liña FID 2024 (Fomento da Innovación desde a Demanda) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
A Compra Pública de Innovación (CPI) é unha ferramenta de contratación que permite desenvolver e acelerar solucións baseadas en I+D+i que non están dispoñibles no mercado ou que necesitan ser adaptadas, co obxectivo de mellorar os servizos públicos e impulsar a innovación empresarial.

Novas

Ver todas

23 de Decembro de 2025

Román Rodríguez supervisa a construción das pezas para o novo edificio do Cesga no Grupo Rodiñas

Ler máis

Eventos

Ver todos
14
Xaneiro
Infoday convocatorias CL4: Industria e Dixital

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.