Ver versión en liña

Próximas xornadas sobre financiamento europeo á I+D+i

Nas vindeiras semanas celebraremos varias xornadas, dentro do Ciclo Europa, para informar sobre as oportunidades de financiamento da I+D+i a nivel europeo. En concreto, presentaranse as convocatorias do European Innovation Council (EIC) para 2026, Innoglobal 2026 e as convocatorias do Clúster 2 centrado en cultura, creatividade e sociedade inclusiva.

Máis información
EIC 2026
Data e hora: 26 de febreiro, 10:00 horas
Lugar: Sede da Axencia Galega de Innovación (Santiago de Compostela)
A Axencia Galega de Innovación organiza unha xornada de presentación das convocatorias do European Innovation Council (EIC) de Horizonte Europa (HE) para 2026.
A xornada terá lugar en formato unicamente presencial e contará coa participación de Marta Marín, Punto Nacional de Contacto do FECYT para EIC Pathfinder, Marta Herrero, Punto Nacional de Contacto do CDTI para EIC Transition, e Luís Guerra, Punto Nacional de Contacto do CDTI para EIC Accelerator, que ademais de presentalas en detalle manterán reunións bilaterais coas entidades interesadas.
Quero asistir!
INNOGLOBAL FEDER 2026
Data e hora: 11 de marzo, 10:00 horas
Lugar: Sede da Axencia Galega de Innovación (Santiago de Compostela)
Xornada informativa centrada na convocatoria INNOGLOBAL FEDER 2026, dirixida a impulsar a cooperación tecnolóxica internacional e a participación de entidades en programas de I+D+i de ámbito internacional.
A xornada celebrarase en formato unicamente presencial e contará coa participación de persoal experto do CDTI, que presentará as distintas modalidades de cooperación tecnolóxica internacional, as oportunidades de colaboración en contornas de Big Science e, de maneira específica, os principais aspectos da convocatoria INNOGLOBAL FEDER 2026.
Quero asistir!
Horizonte Europa CL2: Cultura, creatividade e sociedade inclusiva
Data e hora: 17 de marzo, 10:00 horas
Lugar: Sede da Axencia Galega de Innovación (Santiago de Compostela)
Xornada de presentación das convocatorias do Clúster 2: Cultura, creatividade e sociedade inclusiva do Programa Horizonte Europa (HE) para 2026.
A xornada terá lugar en formato unicamente presencial e contará coa participación de Adeline Marcos Talva, Punto Nacional de Contacto do CDTI e representante do CL2, que ademais de presentalas en detalle manterá reunións bilaterais coas entidades interesadas.
Quero asistir!
Reserva a data!
O próximo 16 de abril celebraremos unha xornada do Clúster 3 sobre Seguridade Civil para a Sociedade. Nas vindeiras semanas enviaremos máis información sobre esta xornada pero reserva a data se queres asistir!

Novas

Ver todas

18 de Febreiro de 2026

O CTAG e o Grupo Copo desenvolven produtos máis intelixentes e optimizan procesos de produción co apoio da Xunta

Ler máis

16 de Febreiro de 2026

Rueda anuncia que a Xunta apoiará os proxectos de I+G+i de 138 empresas con case 23 M€ grazas ao novo programa Nexos

Ler máis

13 de Febreiro de 2026

Galicia aumenta o dobre que o Estado o investimento en innovación e acada unha cifra de 969 M€

Ler máis
pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.gal dende a conta na que desexe anular a suscrición.