Ver a versión en liña

VI edición do programa Doutoramentos Industriais

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, por medio da Axencia Galega de Innovación e da Secretaría Xeral de Universidades, publicará o 27 de febreiro de 2026 no Diario Oficial de Galicia a sexta edición das axudas para Doutoramentos Industriais. Este apoio permitirá a contratación de 15 estudantes de doutoramento en empresas e centros tecnolóxicos galegos para desenvolver a súa tese doutoral nunha contorna empresarial. O prazo de presentación de solicitudes abrirase o 28 de febreiro e permanecerá aberto ata o 27 de marzo de 2026.

Máis información
Obxecto da axuda
Contratación de 15 estudantes de doutoramento en empresas e centros tecnolóxicos para desenvolver a súa tese doutoral nunha contorna empresarial, en colaboración cunha universidade do Sistema Universitario de Galicia (SUG).
Obxectivos
  • Favorecer a investigación colaborativa entre empresas ou centros tecnolóxicos e a universidade, o que posibilita a transferencia de coñecemento.
  • Potenciar a captación de persoal investigador mozo.
  • Posibilitar a incorporación de persoal doutor ás empresas unha vez que remate a duración destas axudas.
  • Fortalecer a colaboración entre diferentes sectores da I+D+i galega.
Destinatarios
  • Empresas e centros de innovación e tecnoloxía con domicilio social ou centro de traballo en Galicia.
  • Persoal investigador matriculado nun Programa oficial de Doutoramento dunha universidade do SUG ou con compromiso de matriculación.
Gastos subvencionables
As axudas inclúen tanto os custos de contratación, gastos relacionados co proxecto no ámbito da empresa ou centro tecnolóxico e apoios para a realización de estadías de tres meses no estranxeiro, como gastos relacionados co desenvolvemento do proxecto no ámbito da universidade e o custo da matrícula.
Balance de edicións anteriores
Desde a súa posta en marcha no ano 2021, os Doutoramentos Industriais permitiron a contratación de 75 doutorandos en 7 centros tecnolóxicos e 45 empresas a través dun orzamento total de 10,1M€. En canto ás universidades, 43 doutorandos están asociados á Universidade de Santiago de Compostela, 20 á Universidade de Vigo e 12 á Universidade da Coruña.

Novas

Ver todas

24 de Febreiro de 2026

A Xunta leva a Málaga o seu modelo de transferencia de coñecemento con máis de 20 entidades da I+G+i

Ler máis

Eventos

Ver todos
11
Marzo
Xornada INNOGLOBAL FEDER 2026

12
Marzo
Taller de preparación de propostas ERC 2026-2027

17
Marzo
Infoday convocatorias Horizonte Europa CL2: Cultura, creatividade e sociedade inclusiva

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.