Ver a versión en liña

Nexos apoia 37 proxectos de I+D+i nos que participan 138 empresas

Este luns o Diario Oficial de Galicia publicou a resolución da convocatoria de axudas Nexos para a realización de proxectos colaborativos de I+D+i entre empresas en ámbitos estratéxicos para Galicia. Na súa primeira edición, esta liña apoia 37 proxectos nos que participan 138 empresas co apoio de diversos centros de coñecemento. A axuda total concedida ascende a 22,6 millóns de euros, cofinanciados por fondos europeos no marco do programa Galicia Feder 21-27, e agárdase que mobilice un investimento total de 39,8 millóns de euros.

Máis información
Tipoloxía, ámbito estratéxico e tamaño da empresa
Esta liña de axudas, cofinanciada con fondos europeos no marco do programa Galicia Feder 21-27, busca aumentar a capacidade científico-técnica do tecido empresarial, fomentar a cooperación público-privada a través de proxectos de I+D+i e facilitar a transferencia de tecnoloxía e a adopción de solucións avanzadas que permitan ás pemes liderar procesos de transformación dixital, avanzando cara a súa sustentabilidade e competitividade.

Por tipoloxía, 25 destes proxectos son de desenvolvemento experimental, 10 de investigación industrial e 2 de innovación organizativa ou de procesos.

En canto ao ámbito estratéxico no que se enmarcan, 11 versan sobre economía circular e enerxía, 10 sobre fabricación avanzada, 9 sobre agroalimentación, 4 sobre benestar e saúde e 3 sobre outras áreas.

Por tamaño da empresa, o 88,4% son pequenas e medianas empresas, mentres que o 11,6% restante son grandes empresas.

Activa I+G+i
Nexos enmárcase no paquete Activa I+G+i que inclúe outras tres grandes convocatorias pensadas para apoiar a colaboración entre empresas e a transferencia efectiva de resultados: unidades mixtas de investigación, que se resolverá proximamente; fortalecemento de centros tecnolóxicos, á que se destinan 6M€, e recuperación da excelencia Neotec, que concedeu 1,6M€ en novembro pasado.

Novas

Ver todas

04 de Marzo de 2026

Román Rodríguez sinala que os 37 proxectos de I+G+i de 138 empresas beneficiarios de nexos son mostra do potencial da innovación de Galicia

Ler máis

03 de Marzo de 2026

A Xunta adxudica a Fsas Technologies a adquisición do novo supercomputador do Cesga por máis de 25M€

Ler máis

03 de Marzo de 2026

Galicia expón no Mobile World Congress de Barcelona a súa aposta estratéxica polas tecnoloxías cuánticas

Ler máis

Eventos

ver todos
10
Marzo
Da ciencia ao mercado: presentación dos proxectos Ignicia proba de concepto 2025

11
Marzo
Xornada INNOGLOBAL FEDER 2026

12
Marzo
Taller de preparación de propostas ERC 2026-2027

17
Marzo
Infoday convocatorias Horizonte Europa CL2: Cultura, creatividade e sociedade inclusiva

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.