Fallados os premios de Transferencia de Tecnoloxía e Xornalismo Científico da RAGC e Xunta
| A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), en colaboración coa Axencia Galega de Innovación, fallou os Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia 2026, destinados a recoñecer traballos de investigación aplicada e casos de éxito en transferencia de coñecemento, e a undécima edición do Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas 2026, que recoñece unha peza xornalística científica publicada ou emitida por un medio galego (ou edición galega dun medio estatal). Estes premios, xunto ao Premio RAGC de Divulgación Científica, entregaranse o vindeiro 15 de abril no Pazo de San Roque en Santiago de Compostela. |
|