Impulso á colaboración estratéxica entre Galicia e Portugal
| O vindeiro 29 de maio celebraremos en Santiago de Compostela o evento de presentación do proxecto QUANTUM_IBER_IA, financiado polo programa Interreg POCTEP e liderado pola Axencia Galega de Innovación, que persegue impulsar as capacidades en tecnoloxías cuánticas e intelixencia artificial en España e Portugal. Pola súa banda, o 2 de xuño celebraremos en Vigo un obradoiro do Observatorio da I+D+I da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, co obxectivo de definir e sentar as bases coas persoas participantes do Observatorio como ferramenta de seguimento da Estratexia de Especialización Intelixente Galicia-Norte de Portugal. |
|