Reforzamos o apoio á captación de talento investigador internacional co servizo de asesoramento a candidaturas MSCA Postdoctoral Fellowships 2026
| Dende a Axencia Galega de Innovación e no marco do programa Oportunius, actívanse este ano 23 novos servizos de asesoramento e revisión de propostas, dirixidos a persoas investigadoras interesadas en presentar a súa candidatura ás MSCA Postdoctoral Fellowships 2026 cunha entidade galega. Tras a experiencia piloto impulsada en 2025, esta iniciativa afiánzase como un mecanismo de apoio á mellora da calidade e da competitividade das propostas galegas nesta convocatoria.
|
|