Ver versión en liña

Presentación da Estratexia da biotecnoloxía en Galicia 26-30, o paso definitivo cara a excelencia

O vindeiro 26 de xuño celebraremos na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, unha xornada de presentación da Estratexia de Excelencia da Biotecnoloxía en Galicia 2026-2030, a folla de ruta que vertebrará as accións do sector biotecnolóxico nos vindeiros anos. A Xunta de Galicia leva apostando pola biotecnoloxía, conxuntamente co sector, dende hai máis dunha década e é o momento de avanzar cara a seguinte fase de madurez: a excelencia.

Inscríbete!
Galicia, biorrexión de referencia
Despois de executar sendas estratexias de impulso e consolidación do sector en Galicia, o vindeiro 26 de xuño presentaremos a Estratexia de excelencia da biotecnoloxía en Galicia 26-30.
No evento, avanzaranse os principais programas e accións a acometer nos vindeiros anos co obxectivo de situar a Galicia como unha biorrexión de referencia en Europa neste eido:
Impulsando o escalado empresarial Atracción de investimento e talento Xeración de impacto global a partir das fortalezas científicas, tecnolóxicas e industriais xa consolidadas
Así mesmo, haberá ocasión de escoitar aos distintos axentes do ecosistema para que acheguen as súas experiencias de como impulsar a excelencia competitiva do sector biotecnolóxico de Galicia e a súa proxección internacional.

Novas

Ver todas

10 de Xuño de 2026

Galicia aspira a construír un prototipo para o futuro colisionador de partículas do CERN en Suíza

Ler máis

09 de Xuño de 2026

A provincia de Pontevedra suma dúas novas unidades mixtas de investigación impulsadas pola Xunta e concentra o 50% das apoiadas no 2025

Ler máis

Eventos

Ver todos
19
Xuño
Xornada Partenariados Horizonte Europa

23
Xuño
Xornada de presentación da Consulta Preliminar de Mercado para o Colisionador de Partículas

25
Xuño
Obradoiro e mentoring sobre avaliación do potencial comercial de tecnoloxías protexidas mediante patente

07
Xullo
Investigación de Excelencia e Competitividade Científica. O Impacto do Programa Oportunius en Galicia

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.gal dende a conta na que desexe anular a suscrición.