Ver versión en liña

Aberta a fase europea previa á convocatoria VInnovate Galicia 2026

A Vanguard Initiative ten aberta a terceira convocatoria VInnovate, que apoia proxectos de innovación internacionais. O obxectivo é reforzar a soberanía e competitividade internacional europeas conectando e integrando recursos rexionais. O formulario de expresión de interese deberase entregar ata o 10 setembro. As entidades galegas que superen esta fase, poderán optar ás axudas da convocatoria Vinnovate Galicia 2026, que se publicará no DOG proximamente.

Máis información
Requisitos da convocatoria europea
CARACTERÍSTICAS DO CONSORCIO
As axudas están dirixidas a consorcios que cumpran os seguintes criterios:
  • Unha peme como mínimo
  • Polo menos 2 organizacións de 2 rexións de 2 países distintos integradas na rede VInnovate (concretados na convocatoria)
  • Outros membros aceptados no consorcio VInnovate: grandes empresas, Universidades, centros de investigación ou instalacións, infraestruturas de investigación e tecnoloxías
  • Asociados, que non reciben financiamento
PROBLEMÁTICA A SOLUCIONAR
Os proxectos presentados deberán propor solucións a, polo menos, unha das seguintes transicións:
  • Industria máis intelixente, integrando tecnoloxías avanzadas e dixitais para a optimización de procesos
  • Industria máis sostible, avanzando na eficiencia enerxética e procesos industriais máis limpos
  • Industria máis autónoma, reducindo a dependencia de Europa doutras rexións en innovacións tecnolóxicas e servizos estratéxicos
TEMÁTICA DA PROPOSTA:
Ademais, a proposta deberá estar vencellada temáticamente a polo menos un dos 6 proxectos piloto de VInnovate:
  • Impresión 3D
  • Saúde intelixente
  • Fabricación eficiente e sostible (ESM)
  • Enerxía de fabricación avanzada
  • Bioeconomía
  • Hidróxeno
CARACTERÍSTICAS DOS PROXECTOS:
Os proxectos elixibles deben cumprir as seguintes especificacións:
  • Alcance TRL de 6, 7 e/ou 8 (posteriores á creación e prototipos)
  • Custo mínimo de 100.000 € por proxecto
  • Execución nun máximo de 30 meses
  • As solicitudes VInnovate deben cumprir cos requisitos do instrumento de financiamiento rexional/nacional ao que se postulan
CUSTOS ELIXIBLES:
Os custos elixibles para financiamento poden ser de persoal, subcontratación, compra (viaxes, equipos, consumibles…) e custos indirectos.

Consulta a guía breve para participantes

Consulta a guía
A convocatoria galega
As propostas de proxectos galegos deberán ademais contribuír ao desenvolvemento dalgunha das tecnoloxías STEP:

Biotecnoloxías

Tecnoloxías de intelixencia artificial e tecnoloxías dixitais profundas (deep tech)

Tecnoloxías do hidróxeno: electrolizadores, pilas de combustible e aplicacións industriais

Biotecnoloxías aplicadas á saúde: xenómica, terapias avanzadas e medicamento personalizado

Tecnoloxías renovables mariñas e fabricación avanzada para aplicacións offshore

Tecnoloxías eficientes no uso dos recursos (net-zero technologies)
Outra das novidades é o incremento da intensidade da subvención ata o 100 % no caso dos organismos de investigación e centros tecnolóxicos sen actividade económica. Isto supón un cambio importante con respecto a anteriores edicións, nas que o máximo quedaba establecido no 60 %.

Os proxectos deberán estar rematados antes do 30 de setembro de 2029.

A convocatoria VInnovate Galicia publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG) nas vindeiras semanas. O prazo para remitir aqueles proxectos que sexan validados polo Secretariado de VInnovate á Axencia Galega de Innovación concluirá o 10 de outubro.

Para optar ao financiamento autonómico é requisito imprescindible ter presentado a expresión de interese a nivel europeo e que sexa aprobada polo secretariado de VInnovate
Recorda as datas clave!
DATA FITO
10 de setembro do 2026 Prazo final para a entrega da documentación da expresión de interese á convocatoria europea: Project fit form
10 de outubro do 2026 Último día para presentar o formulario de adecuación de proxecto á convocatoria galega, previamente aceptado polo secretariado de VInnovate
Segunda quincena de decembro Comunicación de resultados ás candidaturas presentadas

Novas

Ver todas

14 de Xullo de 2026

A Xunta celebra a innovación con impacto do Citius, centro de investigación da Rede Cigus e piar da I+G+i

Ler máis

14 de Xullo de 2026

A empresa Celtarys Research, apoiada polo programa Ignicia da Xunta, presenta a súa tecnoloxía para acelerar o descubrimento de fármacos

Ler máis

10 de Xullo de 2026

A Xunta apoia o crecemento da empresa biotecnolóxica ODS Protein a través do programa Neotec

Ler máis
pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.gal dende a conta na que desexe anular a suscrición.