Ver versión en liña

Un agosto histórico coa eclipse solar do século XXI

Galicia vivirá un fito histórico que non veremos ata 2180: a lúa tapará o sol e a metade da nosa comunidade quedará a escuras. Despedímonos ata setembro recomendándoche que este 12 de agosto goces deste fenómeno único no século XXI, que se poderá ver na nosa comunidade, ben de xeito total, ben parcial. Prepárate, toma as precaucións precisas, planifica e escolle o lugar onde queres visionar este evento astronómico excepcional.

Consulta a eclipse no teu concello
Observa a eclipse de xeito seguro
Dependendo de onde te atopes, poderás visionar a eclipse de xeito total ou parcial. Sexa como sexa, debes ter en conta a seguinte información ao respecto para observala de modo seguro:
Planifica moi ben a túa viaxe e con tempo (evita viaxar a última hora)
Revisa a previsión meteorolóxica (podes consultar o portal de MeteoGalicia)
Escolle moi ben o punto de observación (lembra que a eclipse solar terá lugar ao redor das 20.30 horas e o sol estará baixo no horizonte)
Chega con marxe de tempo e aparca só en zonas permitidas (especialmente, naqueles lugares especialmente concorridos)
Leva agua e protección solar (é mellor previr os episodios de calor)
Móbil cargado e pequeno kit de día de campo (nos lugares máis masificados seguramente se demore a saída)

Se queres ampliar a información sobre a observación segura do eclipse, preme na seguinte ligazón

Máis información
Protexe a túa vista
Un dos aspectos fundamentais é que empregues lentes específicas para protexer a túa vista. Deben cumprir as seguintes condicións:
E lembra que calquera destas accións está absolutamente desaconsellada polas autoridades sanitarias:
Non mires o sol directamente a simple vista, incluso se está nubrado ou se o sol se ve débil
Non empregues lentes de sol convencionais, por moi escuras que sexan
Non empregues cristais afumados, radiografías, CDs, espellos, nin ningún “truco caseiro”
Non apuntes cámaras, prismáticos ou telescopios cara o sol sen filtros específicos homologados
Campaña divulgativa
A divulgación científica tamén ten o seu espazo en relación con este fito histórico. Dada a importancia deste episodio, a Xunta de Galicia puxo en marcha varias iniciativas, entre elas unha campaña cunha serie de vídeos nos que persoal científico de referencia explica diferentes aspectos sobre a eclipse solar: desde consellos básicos sobre como gozar da eclipse solar ata as súas implicacións históricas e culturais, pasando por aspectos físicos e astronómicos.
Visiona os vídeos divulgativos que están dispoñibles polo momento:

Novas

Ver todas

28 de Xullo de 2026

Celeiro acolle a xornada ‘Europa ao servizo das empresas de Galicia’ para aproximar os recursos comunitarios ao sector do mar galego

Ler máis

28 de Xullo de 2026

A Xunta financia con 29 M€ a actividade científica de 149 grupos e proxectos de investigación

Ler máis
pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.gal dende a conta na que desexe anular a suscrición.