Ver versión en liña

Galicia en BIOSPAIN 2026

A delegación galega, liderada pola Xunta de Galicia, participará do 29 de setembro ao 1 de outubro en Bilbao nunha das principais citas europeas do eido biotecnolóxico, BIOSPAIN. Galicia contará cun espazo propio onde se presentarán proxectos estratéxicos, capacidades científicas e oportunidades de colaboración. Todo o ecosistema biotech galego estará presente nesta cita para poñer en valor o noso potencial. Da man da Axencia Galega de Innovación, tamén acudirán a Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS), as fundacións públicas sanitarias FIDIS, IISGS e INIBIC, as agrupacións industriais BIOGA, CSG, VIRATEC, CETGA e ANFACO-CYTMA e as tres universidades públicas galegas.

Máis información
Por que é importante acudir?
A participación galega en BIOSPAIN 2026 enmárcarse na Estratexia da Biotecnoloxía de Galicia 2026-2030, que aspira a consolidar a nosa comunidade como referente europeo neste ámbito. Coa nosa presenza nesta feira, punto de encontro do sector, apostamos por impulsar as relacións empresariais, atraer investimento de primeiro nivel, potenciar as colaboracións científico-tecnolóxicas e xerar impacto global.

13ª edición organizada por ASEBIO

Máis de 2.000 profesionais biotech

Unha trintena de países

1.000 empresas einstitucións

140 investidores especializados

Arredor de 4.500 reunións bilaterais

Queres formar parte da delegación galega?
Se a túa entidade quere asistir a BIOSPAIN 2026, contacta connosco en servizos.gain@xunta.gal para formar parte das actividades que organicemos. Non perdas esta oportunidade de conectar, colaborar e abrir pontes para a biotecnoloxía galega.

Consulta máis información de BIOSPAIN 2026

Máis información
Xornada de presentación da convocatoria Innterconecta 2026
28 de setembro ás 9:30h
Auditorio 1, Edificio CINC - Cidade da Cultura de Galicia, Santiago de Compostela
Inscrición
A Axencia Galega de Innovación e o Centro para el Desarrollo Tecnológico y la Innovación (CDTI) presentarán a convocatoria Interconnecta-STEP 2026, que financia con fondos europeos FEDER proxectos de I+D en cooperación liderados por empresas nos ámbitos STEP: tecnoloxías dixitais, tecnoloxías limpas e biotecnoloxía. Galicia conta con 51 millóns de euros nesta edición.

Novas

Ver todas

16 de Setembro de 2026

Un consorcio de empresas galegas innova na xestión dos recursos forestais co apoio da Xunta de Galicia

Ler máis

15 de Setembro de 2026

Máis de 40 investigadores participan na sesión formativa para optar ás axudas do Consello Europeo de Investigación

Ler máis

Eventos

Ver todos
22
Setembro
Pontevedra: Mesa de traballo para a elaboración do Plan Local de I+D+i

23
Setembro
Ourense: Mesa de traballo para a elaboración do Plan Local de I+D+i

24
Setembro
Lugo: Mesa de traballo para a elaboración do Plan Local de I+D+i

25
Setembro
A Coruña: Mesa de traballo para a elaboración do Plan Local de I+D+i

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.gal dende a conta na que desexe anular a suscrición.