Ver versión en liña

A Noite das Persoas Investigadoras ofrece máis de 150 actividades nas sete cidades galegas

Ao abeiro do evento europeo European Researchers’ Night, Galicia enxalza no serán de mañá, 25 de setembro, o labor do persoal investigador coa Noite Galega das Persoas Investigadoras, a G-Night. Goza de máis de 150 actividades gratuítas de divulgación científica nas sete principais cidades galegas: A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo. Esta iniciativa, na que participan as tres universidades públicas galegas, os institutos do CSIC en Galicia e os centros de investigación galegos, en colaboración coa Real Sociedad Española de Química e co apoio da Xunta de Galicia dende a primeira edición, permite poñerlle cara ás persoas que se atopan detrás dos avances científicos.

Máis información
Programación
Baixo o lema “Conciencias creativas”, unindo a creatividade e o coñecemento científico, nesta edición 2026 agárdante experimentos, demostracións e simulacións nas rúas, feiras, ciencia nos bares, obradoiros, charlas, roteiros, escape room, portas abertas e visitas guiadas. Requírese inscrición segundo a actividade. Descubre toda a programación da túa cidade e participa!

A Coruña

Ferrol

Lugo

Ourense

Pontevedra

Santiago

Vigo

Novas

Ver todas

22 de Setembro de 2026

Xunta, concellos e outros axentes do ecosistema de I+G+i colaboran na definición dun marco común que impulse a innovación no eido local

Ler máis

18 de Setembro de 2026

Galicia lidera as solicitudes presentadas en Europa para participar en proxectos de I+D+I interrexionais

Ler máis

18 de Setembro de 2026

A Xunta enxalza o labor da comunidade científica galega na presentación da Noite das persoas investigadoras

Ler máis

Eventos

Ver todos
25
Setembro
A Coruña: Mesa de traballo para a elaboración do Plan Local de I+D+i

28
Setembro
Presentación da convocatoria Innterconecta 2026

02
Outubro
Transferencia de Coñecemento e Interacción co Sistema de I+D+i

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.gal dende a conta na que desexe anular a suscrición.