Ver versión en liña

Galicia, o epicentro da innovación local de España coa celebración do primeiro congreso nacional

Os vindeiros 3 e 4 de decembro Santiago de Compostela acollerá o I Congreso Nacional de Innovación Local, organizado pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, a través da Axencia Galega de Innovación. O encontro reunirá na Cidade da Cultura de Galicia representantes das administracións locais, centros de coñecemento e empresas para compartir coñecementos, experiencias e boas prácticas que contribúan a impulsar a innovación nos municipios.

Inscríbete!
Compartir novas solucións
Ambas xornadas combinarán relatorios, mesas redondas, faladoiros e sesións de traballo arredor da innovación local na procura de novas solucións para os retos que estamos a enfrontar.

O programa abordará cuestións como a planificación estratéxica e como estimular a innovación local, o Índice Local de Innovación como ferramenta de medición, a sustentabilidade, a innovación rural e urbana ou a compra pública de innovación. Ademais, o congreso incluirá un espazo para presentar proxectos e a entrega dos Premios á Innovación Local, que recoñecen iniciativas desenvolvidas por concellos e entidades locais.

Bótalle un ollo ao programa provisional!
Inscríbete xa!
I Congreso Nacional de Innovación Local
Data:
3 e 4 de decembro
Lugar:
Edificio Fontán, Cidade da Cultura (Santiago de Compostela)
Programa:
Planificación estratéxica Estimulación da innovación Sustentabilidade Innovación rural Innovación urbana

Compra pública de innovación e financiamento Laboratorios de innovación Sandbox, testbeds e espazos de experimentación Showcase de exemplos e proxectos Premios á Innovación Local

Novas

Ver todas

21 de Outubro de 2026

O Val europeo de cuántica liderado por Galicia destinará 7,5 M€ a proxectos de empresas, centros de investigación e entidades tecnolóxicas

Ler máis

19 de Outubro de 2026

A Xunta acompaña a chegada ao mercado dos resultados de nove proxectos de investigación

Ler máis

Eventos

Ver todos
27
Outubro
PROGRAMA IGNICIA – Curso Presencial: IA para a Transferencia de Coñecemento

28
Outubro
Curso Horizonte Europa para PEMES con experiencia

06
Novembro
Infoday convocatorias CL4: Industria e Dixital

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.gal dende a conta na que desexe anular a subscrición.