A Factoría Europea de IA 1HealthAI ofrecerá os seus servizos de asesoramento ás pemes e axentes da I+G+I
| A 1HealthAI Factory pon a disposición das empresas e dos axentes da I+G+I, especialmente, das pemes vencelladas ao ámbito one health, unha plataforma de información e asesoramento personalizado para facilitar a integración da intelixencia artificial nos seus procesos. Esta iniciativa europea, que conecta de xeito integral a saúde humana, animal e ambiental, busca trasladar as capacidades da IA ao tecido produtivo de xeito gratuíto, impulsando a súa innovación,
competitividade e xeración de novas oportunidades de negocio. A galega é unha das 19 factorías de IA postas en marcha en Europa e a única especializada en saúde.
|
Accede á web da 1HealthAI
|