Ver versión en liña

Convocatorias abertas cos fondos Next Generation e outras convocatorias nacionais

Incluímos a continuación convocatorias que se atopan actualmente abertas no eido da investigación, o desenvolvemento de tecnoloxías e a innovación.

Axudas, no ámbito da dixitalización, para a transformación dixital dos sectores produtivos estratéxicos, mediante a creación de demostradores e casos de uso de Espazos de Compartición de Datos
  • Convoca: Ministerio para la Transformación Digital y de la Función Pública
  • Beneficiarios: Empresas, Organismos de investigación
  • Prazo: ata o 16/05/2024
Convocatoria para a concesión de acreditacións e axudas públicas de Centros de Excelencia «Severo Ochoa» e Unidades «María de Maeztu» 2024
  • Convoca: Axencia Estatal de Investigación. Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades
  • Beneficiarios: Centros e Unidades de Excelencia
  • Prazo: ata o 16/05/2024
Axudas para contratos para a formación de doutores e doutoras en empresas e outras entidades (Doutorados Industriais)
  • Convoca: Agencia Estatal de Investigación. Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades
  • Beneficiarios: Empresas
  • Prazo: ata o 04/06/2024 ás 14:00 horas
Subvencións para o impulso da economía circular no sector do téxtil, da moda, da confección e do calzado (PERTE de Economía Circular)
  • Convoca: Fundación Biodiversidad
  • Beneficiarios: Empresas
  • Prazo: ata o 10/06/2024
Convocatoria de concesión de subvencións da Acción Estratéxica en Saúde 2021-2023
  • Convoca: Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades
  • Beneficiarios: Organismos de Investigación
  • Prazo: ata o 15/10/2024
Proxectos de I+D Aeroespacial (PERTE Aeroespacial)
  • Convoca: CDTI. Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades
  • Beneficiarios: Empresas
  • Prazo: ata o 31/12/2024
Proxectos de I+D en Saúde (PERTE Saúde de Vangarda)
  • Convoca: CDTI. Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades
  • Beneficiarios: Empresas
  • Prazo: ata o 31/12/2024
Liña directa de innovación Aeroespacial (PERTE Aeroespacial)
  • Convoca: CDTI. Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades
  • Beneficiarios: Empresas
  • Prazo: ata o 31/12/2024
Liña directa de innovación en Saúde (PERTE Saúde de Vangarda)
  • Convoca: CDTI. Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades
  • Beneficiarios: Empresas
  • Prazo: ata o 31/12/2024
Convocatoria do Kit Dixital
  • Convoca: Ministerio de Asuntos Económicos y Transformación Digital
  • Beneficiarios: Empresas (entre 10 e 49 empregados)
  • Prazo: ata o 31/12/2024
Programa de Apoio aos Digital Innovation Hubs (PADIH)
  • Convoca: Escuela de Organización Industrial
  • Beneficiarios: Pemes
  • Prazo: ata o 31/09/2025

Publicado o X Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica e de Innovación (PEICTI)

Consulta o Plan

Aberto a consulta pública o borrador do PERTE Mar-Industria. A consulta estará aberta ata o día 3 de xuño!

Accede á consulta!

08 de Maio de 2024

O CDTI Innovación avanza a definición de retos da próxima convocatoria de TransMisiónes, prevista para finais de maio de 2024

A actuación, xestionada conxuntamente polo CDTI e a AEI, aborda de xeito transversal oito retos prioritarios para a sociedade e a economía españolas nos ámbitos da enerxía, a sustentabilidade, a enerxía, o cambio climático e a saúde humana e animal.
A actuación contará cun orzamento de ata 110 millóns de euros en subvencións, dos cales 70 irán destinados a agrupacións empresariais por parte do CDTI e 40 millóns máis aprobaranse proximamente a través da AEI e irán destinados a agrupacións de organismos de investigación e de difusión de coñecementos.
Ler máis

26 de Abril de 2024

O CDTI Innovación avanza a definición de retos da próxima convocatoria de Misións Ciencia e Innovación, prevista para xuño de 2024

O CDTI Innovación prepara o lanzamento da convocatoria 2024 do programa Misións Ciencia e Innovación, unha actuación enmarcada no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
O obxectivo desta convocatoria é apoiar proxectos de grandes proxectos estratéxicos de investigación precompetitiva enfocados a fomentar unha investigación relevante que propoña solucións a desafíos transversais e estratéxicos da economía española, mellorar a base de coñecemento e tecnoloxía na que se apoian as empresas españolas para competir e estimular a cooperación público-privada entre empresas e institucións de I+D+I.
Ler máis

Podes consultar todas as convocatorias que se atopan abertas na páxina web do Next Generation Galicia e do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia:

pe_boletins

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.