Ver a versión en liña
 
 
 

Identificación de capacidades do Sistema galego de Innovación na loita contra o COVID-19

Dende a Xunta de Galicia, no contexto da emerxencia sanitaria actual provocada pola pandemia do COVID-19, queremos dar respostas a través da investigación, o desenvolvemento e a innovación. Para elo, lanzamos unha chamada para identificar todas as capacidades do Sistema Galego de Innovación na loita contra o novo coronavirus.

Consulta sobre as capacidades do Sistema Galego de Innovación

A través dun formulario web que vimos de habilitar na páxina web da Axencia Galega de Innovacion, estamos a recoller propostas do Sistema galego de I+D+i para a loita contra o COVID-19. Esta consulta está dirixida a empresas ou centros de coñecemento que dispoñan de solucións innovadoras maduras que axuden a loitar contra o COVID-19.

Estas solucions innovadoras teñen que poder implementarse nun prazo de tempo moi curto, en ámbitos directamente relaciados co brote de COVID-19, por exemplo:

  • novos dispositivos de intervención ou tratamento;
  • solucións innovadoras para fabricación de ventiladores invasivos;
  • equipos de protección indiviuais ou colectivos (mascarillas, cortinas, traxes, gorros, luvas...);
  • detección e destrucción do virus, sistemas de desinfección masivos…

Trátase de achegar solucións innovadoras que poidan ser útiles ás autoridades sanitarias para loitar contra o coronavirus.
A Axencia Galega de Innovacion realizará un filtro das propostas que se reciban e achegará financiamento para as que resulten de interese.

O prazo límite para achegar as solucións innovadoras é o venres 27 de marzo.

Enlace ao formulario de identificación de capacidades - Axencia Galega de Innovación

Formulario
Proxectos de investigación sobre o SARS-COV-2 e a enfermidade COVID19

Por outra banda, o Instituto de Salud Carlos III tamén vén de abrir un programa de axudas para proxectos que teñan como obxectivo xerar coñecemento sobre a infección, dotado con 24 millóns de euros e que ten actualmente aberta unha chamada de expresións de interese.

O alcance destas propostas poderá ser:

  • Técnicas de diagnóstico virolóxico rápido do COVID-19, escalables industrialmente e aplicables á asistencia sanitaria, con orientación prioritaria cara ao diagnóstico dos estadios precoces da infección en humanos e que permitan predicir gravidade con fins de estratificación asistencial.
  • Caracterización clínica-biolóxica-molecular da enfermidade COVID-19, estadios, estratificación pronóstica e complicacións.
  • Desenvolvemento de terapias innovadoras, novas moléculas antivirais, antisépticos e desinfectantes fronte ao SARS-CoV-2. Estudos de resistencia antiviral. Efectividade de intervencións non farmacolóxicas, profilácticas e terapéuticas.
  • Caracterización do virus SARS-CoV-2, coñecemento da variación xenética e antigénica do SARS-CoV-2 así como da resposta inmunológica ao virus SARS-CoV-2 e da interacción virus-hóspede.
  • Desenvolvemento de vacinas, eficacia e aplicabilidade.
  • Vixilancia epidemiolóxica do COVID-19 e epidemioloxía molecular: incidencia da mortalidade e morbilidad. Factores ambientais e sociais da propagación. Factores de risco e dinámica poboacional da infección polo SARS-CoV-2.
  • Impacto socio-económico do COVID-19. Utilización de recursos de atención primaria, recursos hospitalarios xenerais, e recursos de coidados críticos.
  • Intelixencia artificial e análise masiva de datos integrados orientados ao control epidemiolóxico da enfermidade COVID-19.​

Enlace á chamada de expresións de interese do Instituto de Salud Carlos III

Expresións de interese
 
Logo_RIS3

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.