Ver a versión en liña

Consultas Preliminares ao Mercado do Polo Aeroespacial de Galicia 2021-2025

A Xunta publicou o pasado 30 de xuño no Diario Oficial de Galicia (DOG) as consultas preliminares ao mercado para definir os proxectos do Polo Aeroespacial de Galicia para os vindeiros cinco anos, unha iniciativa que mobilizará 160M€ entre 2021 e 2025. O prazo para que os interesados presenten as súas propostas estará aberto ata o 4 de setembro.

Polo Aeroespacial de Galicia 2021-2025

Co obxectivo de darlle continuidade durante o periodo 2021-2025 á Civil UAVs Initiative, a Xunta de Galicia acaba de publicar no DOG as consultas preliminares ao mercado para definir as actuacións e investimentos para os próximos cinco anos, así como os novos instrumentos de colaboración público-privada.

O futuro investimento público-privado previsto terá como obxectivo continuar co impulso do sector aeroespacial en Galicia para consolidar esta industria de alta tecnoloxía e apoiar a I+D+i especializada en vehículos non tripuladosna procura de solucións que melloren a prestación, eficacia e eficiencia dos servizos públicos.

Despois dunha primeira fase na que se puxo en marcha a iniciativa coa captación e retención de talento, co desenvolvemento dunha industria local especializada, coa fabricación de solucións e obtención de resultados tecnolóxicos, agora o obxectivo é transformar todo isto en desenvolvemento industrial, crecemento económico e oportunidades profesionais, para o que se pretenden mobilizar 160M€ de investimento público-privado no periodo 2021-2025.

O prazo para que os interesados acheguen as súas expresións de interese estará aberto ata o 4 de setembro. Buscamos:

Se queres acceder a máis información sobre as Consultas Preliminares ao Mercado pincha neste enlace.

Máis información
Logo_RIS3

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.